Os escritores Antonio Puertas e Manuel Vázquez presentan as súas obras na XXXIII Mostra do Encaixe

O camariñán Antonio Puertas escribiu o libro ‘Camariñas meu curruncho, Beldoña miña barca’. Manuel Vázquez ‘O pracer da chuvia’, unha viaxe interior do neno que foi.

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu hoxe outras dúas presentacións, as últimas das catro que se celebraron durante o evento. Antonio Puertas e Manuel Vázquez foron os encargados de clausurar hoxe, venres 29 de marzo, esta programación literaria.

O camariñán, de Corea, Antonio Puertas Lema, presentou o seu libro ‘Camariñas meu curruncho, Beldoña miña barca’, un traballo literario inspirado en Camariñas e Abegondo, os dous municipios que están no corazón do autor. A obra ofrécenos unha xanela a tempos pasados e convídanos a ser partícipes das vivencias que deron forma á nosa comunidade. Antonio Puertas logra conectar xeracións e construír unha ponte entre o pasado e o presente.

Pola súa parte, Manuel Vázquez presentou a obra ‘O pracer da chuvia’, unha publicación que deu a coñecer en grandes cidades como Berlín. Este fermoso libro constitúe a viaxe interior do neno que foi, á procura da harmonía a través da xustiza, da fraternidade, simbolizadas no mundo rural da infancia.

Posts relacionados

A nova web da Mostra do Encaixe estará traducida a cinco idiomas

A nova web da Mostra do...

Ademais do galego actual incorporaranse o castelán, inglés, italiano e portugués. Estes dous últimos idiomas en homenaxe aos nosos pobos…
Benvidos á web da Mostra do Encaixe

Benvidos á web da Mostra do...

A web da Mostra do Encaixe renóvase completamente cun deseño moderno e atractivo para adaptarse aos novos tempos. Todo o…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.