Máis de 50 voluntarias e voluntarios asegurarán o bo funcionamento da XXXIII Mostra do Encaixe 

Encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto e o equipo de Protección Civil velará pola seguridade do evento.

A XXXIII  Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña volverá a contar cun fenomenal equipo de voluntarios e voluntarias formado por máis de 50 persoas que, como cada ano, asegurarán o bo funcionamento do evento durante os cinco días.  

Por unha parte, encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto, tanto no control da entrada ou no posto de información como no acceso á sala de desfiles, axudando tamén en calquera dúbida aos visitantes. 

Por outra banda, como ven sendo habitual, a agrupación de Protección Civil de Camariñas despregará un dispositivo de seguridade e de tráfico, esencial para o desenvolvemento da Mostra e tamén para solucionar calquera imprevisto.

Posts relacionados

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.