Os oleiros de Buño estarán na pasarela ‘ArtEncaixe’ da XXXIII Mostra do Encaixe

Na XXXIII edición da Mostra do Encaixe haberá catro oleiros de Buño: Feituras, Obradoiro Tonio, Alfarería La Cacharrera e O Rulo.

Outro ano máis a tradición dos oleiros volve a mesturarse co encaixe de Camariñas na pasarela de ‘ArtEncaixe’ da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Nesta ocasión son catro os oleiros que participan no desfile: Feituras, Obradoiro Tonio, Alfarería La Cacharrera e O Rulo.

En Alfarería la Cacharrera explican que “a Asociacíon Oleira de Buño mantén unha boa relación coas compañeiras da Mostra desde hai moitos anos e para nós é un pracer poder formar parte deste evento, amosando o noso traballo. “O encaixe aporta a calidade e a delicadeza do traballo das compañeiraspalilleiras que non pode máis ca enriquecer as nosas creacións”, afirma.

Para Obradoiro Tonio “é unha satisfacción poder participar no desfile e presentar as nosas festas” e adiante que “vou levar un botixo e un xarro, as dúas creacións son diferentes ao que facemos habitualmente”. 

Pola súa banda, María Canedo, de ‘Feituras’, afirma que “é todo un reto para min poder amosar de maneira creativa, como dúas artesanías tan distintas poden ir da man”. 

Por último, O Rulo volverá a mostrar o resultado de xuntar barro e encaixe dun xeito armonioso. 

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.