A Mostra do Encaixe de Camariñas, presente na Semana Verde de Galicia 2023

O Concello expón as pezas que o alumnado da EASD Mestre Mateo levou ao desfile de ArtEncaixe e a colección gañadora do concurso de Jóvenes Deseñadores. Sandra Insua e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes asistiron hoxe á inauguración do evento, en Silleda.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está presente na XLV Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebra desde hoxe, xoves 8 de xuño, ao domingo 11 de xuño en Silleda (Pontevedra).

O Concello de Camariñas conta cun posto no que se expoñen ao público as pezas creadas por 14 alumnos e alumnas de 1º curso de Xoiería da EASD Mestre Mateo para o desfile de ArtEncaixe da pasada Mostra e tamén a colección gañadora do último concurso de Noveis Deseñadores, obra de Uxía Loureira. Ademais, cada xornada haberá dúas palilleiras da Asociación Puntillas e Rendas de Camariñas.

Asistiron á inauguración a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, a concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, e a concelleira Begoña Tajes, acompañados da directora da Mostra do Encaixe, Dolores Lema.

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.