O desfile de ‘ArtEncaixe’ da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña conta con dúas novas confirmacións: Ana Freiría, que repite por segundo ano consecutivo, e Zeltia ao Aire, que se estrea este ano no evento.
Ana Freiría, especializada na orfebrería artística, salienta que “volver a participar na Mostrar é un orgullo e un pracer á vez que un reto, xa que saio da miña zona de confort para crear pezas mais vistosas propias dunha pasarela”.
Nesta ocasión traerá á Mostra “unha colección con moita raíz, onde cobra protagonismo a nosa cultura e na que volvo a empregar metais reciclados do sector naval e da hostalaría”.
Pola súa parte, Zeltia ao Aire, que traballa a técnica de bordado ao aire, que é a que se utilizada para a pasamanería do traxe tradicional galego, explica que “para min foi un reto adaptar o encaixe ás miñas creacións” e indica que “penso que é unha oportunidade única para poñer en valor esta tradición”.
“Levarei un colar inspirado no mar, un sapo de man e un top. Creo que van a gustar”, afirma.