O xurado profesional avalía as propostas dos participantes do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores

O xurado está formado por Modesto Lomba, Felipe Santamaría, Franco Quintáns, Edith del Valle, Esteban Freiría, Amaya Fernández, Jorge de Álvarez e Inés Fernández. Ao remate dos desfiles tivo lugar o encontro entre grandes e noveis deseñadores. O pandeireteiro Xabier Díaz puxo a nota musical aos desfiles antes do concerto que ofrecerá ás 22 h. na praza do mercado.

Hoxe foi o día decisivo para os participantes do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O xurado profesional estivo presente nos desfiles dos grupos ‘A’ e ‘B’ desta tarde para avaliar as propostas que presentaron os 25 mozos e mozas participantes.

O xurado está formado por Modesto Lomba (presidente), Felipe Santamaría, Franco Quintáns, Edith del Valle, Esteban Freiría, Amaya Fernández, Jorge de Álvarez e Inés Fernández. Valoraron aspectos como a aplicación do encaixe, a confección, a orixinalidade, a mensaxe…

Mañá, domingo 17 de abril, darase a coñecer o gañador ou gañadora do certame e o premio do xurado popular, que nos días previos avaliou as diferentes propostas dos noveis deseñadores chegados de diferentes puntos de España.

Ademais, ao remate dos desfiles tivo lugar o encontro entre grandes e noveis deseñadores ‘Falemos de moda’, un espazo no que os e as que se están a iniciar no mundo da moda puideron consultar dúbidas e coñecer as indicacións dos reputados profesionais.

Por outra banda, Xabier Díaz puxo a nota musical na pasarela, previo ao desfile de Grandes Deseñadores. Pola noite, ás 22 h., dará o concerto da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña na praza do mercado.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.