María Campaña apostará pola “comodidade e elegancia” na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

“Como camariñá o encaixe sempre estivo presente en cada unha das miñas prendas e, a posteriori, integreino en vestidos do día a día e outros complementos”, destaca.

A deseñadora camariñá María Campaña participará un ano máis no desfile de ‘Grandes Deseñadores’ da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, onde volverá a apostar na súa colección pola “comodidade, a elegancia e o respecto polo encaixe da xente da miña terra”.

“Como camariñá o encaixe sempre estivo presente en cada unha das miñas prendas e, a posteriori, integreino en vestidos do día a día e outros complementos”, destaca ao tempo que cualifica á Mostra como “unha cita ineludible á que debemos asistir todas aquelas persoas que nos dedicamos ao encaixe de Camariñas”.

A deseñadora local anima aos veciños e veciñas de Camariñas, e aos visitantes, a que se acheguen este ano á Mostra, que recupera a súa data tradicional despois da paréntese obrigada pola COVID-19, e lembra que “é importante que todo volva á normalidade sen esquecer que a COVID veu para quedarse, debemos vivir o día a día e continuar co legado que os nosos antepasados nos deixaron”.

Posts relacionados

Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Ao redor de 4.500 persoas asistiron...

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que…
O encaixe do mundo volta á pasarela da Mostra nunha xornada de estreas

O encaixe do mundo volta á...

Este xoves entraron en escena os desfiles do concurso de Noveis Deseñadores, do ArtEncaixe e das Delegacións Internacionais.
Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.