A deseñadora viguesa Amaya Fernández traerá unha colección de festa e noiva para a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, sumando así a súa cuarta participación sobre a pasarela do desfile de Grandes Deseñadores.
“Para mi poder acudir a la Mostra cada año es un orgullo, poder poner en valor nuestros materiales e incorporar algo tan característico a nuestras prendas es algo maravilloso”, explica a deseñadora, que confesa que este ano “es una tranquilidad poder normalizar la situación y volver a lo conocido, una alegría”.
Desfile de Amaya Fernández na XXX Mostra
Mostra tras Mostra, as coleccións que presenta Amaya Fernández no desfile de Grandes Deseñadores amosan que é unha apaixoada do encaixe. Considera que “al trabajar con piezas especiales para ceremonias, la aportación del encaje siempre las enriquece”.
Como ven sendo habitual, acude á XXI Mostra do Encaixe de Camariñas xunto cos tocados de Charo López, que tamén participará no desfile de ArtEncaixe.