A XXXI Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado deste evento

As persoas interesadas en formar parte da familia dos voluntarios da XXXI Mostra do Encaixe poden chamar ou enviar mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo electrónico no email dolores.lema@camarinas.net.

A XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas abre desde hoxe as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado do evento. As persoas interesadas en participar como parte da organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfonos 653 26 55 29 ou por correo electrónico en dolores.lema@camarinas.net.

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este ano volve á súa data tradicional de Semana Santa e celebrarase do 13 ao 17 de abril de 2022.

A directora da Mostra, Dolores Lema, subliña a importancia das persoas voluntarias: “sería imposible a celebración desta cita sen elas e sen o traballo que fan antes, durante e despois da Mostra. Son parte imprescindible para nós”.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Andión e ANAMINGO repiten experiencia na XXXIV Mostra do Encaixe 

Andión e ANAMINGO repiten experiencia na...

A marca galega Andión, fundada por nai e filla, volve á Mostra e apostará nesta ocasión por unha colección con…
gl_ESGL_ES