Stolt Sea Farm rubrica novamente o seu compromiso coa Mostra do Encaixe

A empresa de acuicultura Stolt Sea Farm confirma deste xeito outro ano máis a súa aposta pola Mostra do Encaixe da vila das palilleiras, onde posúe unha das súas plantas máis importantes.

A concelleira de Encaixe do Concello de Camariñas e Delegada da Mostra, Encarna Liñeiro, e Carlos Tavares, o director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, a empresa de acuicultura de alta tecnoloxía, reuníronse esta mañá para rubricar novamente o compromiso desta organización coa Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

Dende o Concello de Camariñas e en particular dende a organización da Mostra, quérese agradecer aos responsables de Stolt Sea Farm a total “implicación, compromiso e apoio” a este evento para que “poida continuar na vangarda da moda outros 30 anos máis”.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES