Amaya Fernández estará presente na XXX Mostra do Encaixe

A deseñadora viguesa Amaya Fernández volverá amosar a súa identidade co Encaixe nos vestidos de noiva. Na novidosa sección ArtEncaixe tamén ocupará a pasarela a ONG Egueire.

A deseñadora viguesa Amaya Fernández volverá amosar a súa identidade co deseño de vestidos de noiva e a aplicación do Encaixe de Camariñas. Será a terceira participación de Fernández no evento dos bolillos, quen asegura estar “tremendamente ilusionada por volver a participar de xeito presencial, nunha Mostra especial en moitos sentidos”, alude.

Participará, como xa o fixo na edición de 2019, cos complementos elaborados por Charo López, que este ano participará na sección ArtEncaixe, nesta dupla que tan bo resultado dera a derradeira edición. “Decidimos volver á pasarela xuntas, aínda que ela o fará tamén como artesá, porque sinto que as súas composicións son a peza clave nos meus deseños”, di Fernández.

Amaya avanza que a súa colección será “algo menos tradicional que noutras edicións pero, por suposto, conservando a esencia dos vestidos de noiva aos que acostumo, e coa beleza que lle outorga o Encaixe de Camariñas”.

Por outra banda, a ONG Egueire participará na sección ArtEncaixe, entidade que naceu no 2008 como asociación de Cooperación para o Desenvolvemento en África, concretamente en Costa de Marfil, onde a ONG realiza na actualidade diferentes proxectos.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita versatilidade na aplicación do encaixe

O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita...

Os 13 artesáns que participan nesta edición demostran que esta artesanía milenaria pode adaptarse a diferentes materiais. Son: Alfarería La…
gl_ESGL_ES