Dolores Cortés presentará a súa colección de baño na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Será a cuarta participación no evento do palillo desta deseñadora que debutaba na Pasarela Gaudí de Barcelona 2002.

O primeiro nome da lista de confirmacións da alta costura de cara a XXX Mostra do Encaixe Deputación da Coruña é o de Dolores Cortés, que presentará a súa colección de baño con Encaixe de Camariñas no triséximo aniversario do evento do palillo.

A deseñadora, que debutaba na Pasarela Gaudí de Barcelona 2002, participará por cuarta vez nun evento “tremendamente especial” para ela e no que presentará “dous biquinis, dous bañadores e dous complementos”, todas as pezas de color branco.

“Estou moi ilusionada de participar por cuarta vez na Mostra de Camariñas porque é un evento que aúna tradición e vangarda”, afirma a deseñadora valenciana, que adianta que traerá a Camariñas “unha peza con palabra de honor, outra con tirantes e coa confección do encaixe como elemento primixenio”.

Dolores Cortés formará parte da lista de grandes nomes da moda para esta XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 8 ao 12 de outubro e que servirá de escaparate internacional non só para as grandes firmas, senón tamén para os Noveis Deseñadores e para o mundo da artesanía, principal novidade desta edición.

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
gl_ESGL_ES