A Mostra do Encaixe de Camariñas estará presente en cinco millóns e medio de cupóns da ONCE

O Museo do Encaixe acolleu a presentación deste boleto, que se comercializará en 20.000 puntos de venta Hoxe dá comezo unha semana de desfiles e comercialización do encaixe nas redes.

O Concello de Camariñas presentou o cupón da ONCE dedicado á trinta Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Cinco millóns e medio de boletos do día 6 de abril, presentes en 20.000 puntos de venta, levarán a imaxe deste evento, que comezará na xornada de hoxe unha semana de desfiles de comercialización do encaixe nas redes.

A alcaldesa, Sandra Insua, o delegado territorial en Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan; o tenente de alcalde, Sergio Caamaño, a concelleira da Mostra do Encaixe, Encarna Liñeiro, a directora da Mostra, Dolores Lema, asistiron ao acto celebrado na aula de palillo ‘Raquel Moreira’ do Museo do Encaixe.

A rexedora agradeceu á ONCE que contarán coa imaxe de Camariñas e da Mostra do Encaixe para elaborar un cupón e animou a todos e todas os camariñáns a que compren o boleto. Tamén destacou que unha copia do cupón estará presente nunha das salas do Museo do Encaixe.

Pola súa parte, o delegado en Galicia da ONCE, Manuel Martínez, afirmou que para a súa organización ligazóns como estas eran moi importantes, xa que plasman dun xeito simbólico a unión da labor social e do patrimonio galego na súa principal tarxeta de visita, o cupón.

II Mostra Virtual

A apertura da segunda Mostra Virtual completarase coa publicación do vídeo promocional das coleccións de ‘Jóvenes Deseñadores’ e cos discursos institucionais. Desde o martes e ata o domingo os postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos relacionados co encaixe con ofertas especiais. Os espectadores poderán ver os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terán o seu espazo as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado. O mércores 31 de marzo inaugurarase na praza da Insuela a exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’. Desenvolverase principalmente a través da páxina de Facebook e tamén haberá contidos no Instagram e na canle de YouTube da Mostra.

Posts relacionados

O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
Camariñas convoca as bases do XXXII concurso de Noveis Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2025.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.