Minamena Encaixes

Encaixes de palillos de autora, feitos a man con fío de algodón ou liño, en diferentes cores e modelos.

Forma de pago

O método de pago é contra reembolso.

Condicións de envío

Envíos por correo, custos de transporte a cargo do cliente, salvo pedidos superiores a 100€ que serán envíos gratuítos. Devolucións a cargo do cliente.
En todas as compras 10% de desconto durante a Mostra Virtual

Productos de "Minamena Encaixes" na Mostra Virtual

"A Conchiña”

"A Conchiña”. Patrón de encaixe de palillos picado en cartón, ideal para principiantes. Mide 2 cm de ancho. Pódese confeccionar con fío de algodón nº 20. Acéptanse encargas, prazo de entrega reducido.

“Bolboreta”

“Bolboreta”. Patrón de encaixe de palillos picado en cartón, aplique ideal para coxíns, cortinas, mantelerías, etc… Mide 27 x 13 cm aproximadamente. Pódese confeccionar cunha gran variedade de fíos, por exemplo fío de algodón nº 20. Acéptanse encargas, o prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

“Rombos”

“Rombos”. Patrón de encaixe de palillos picado en cartón, ideal para mantelerías ou tapetes. Mide 9,5 cm de ancho. Perfecto para confeccionar con fío de liño. Acéptanse encargas, o prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

“As Folliñas”

“As Folliñas”. Patrón de encaixe de palillos picado en cartón, ideal para chales ou cortinas. Mide 19 cm de ancho. Pódese confeccionar con gran variedade de fíos. Acéptanse encargas, o prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

Abanico vermello

Abanico vermello de madeira pintado, de dobre cara e puntilla de encaixe a xogo. Mide 42 x 22 cm. Puntilla confeccionada con fío de algodón branco do nº 20 e fío de liño vermello. Acéptanse encargas, o prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

Broche de abanico

Broche de abanico de metal con puntilla de cores. Mide 6 x 4 cm. Puntilla confeccionada con fío de algodón e fíos de cores de liño e metalizados. Acéptanse encargas, o prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

Broche bolboreta rosa

Broche bolboreta rosa, de metal con puntilla de cores. Mide 6 cm. Puntilla confeccionada con fío de algodón. Acéptanse encargas, o prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

Camafeo dourado

Camafeo dourado, broche de resina con puntilla de encaixe de palillos. Mide 7 cm. Puntilla confeccionada con fío de algodón e fíos metalizados. Acéptanse encargas.

Broche Gorjuss de cristal

Broche Gorjuss de cristal con puntilla de encaixe de palillos. Mide 6 cm. Puntilla confeccionada con fío de cores de algodón e liño. Acéptanse encargas. Stock limitado.

Diadema

Diadema, de metal con camafeo de cristal e puntilla de encaixe de palillos. Mide 12 x 15 cm. Puntilla de encaixe confeccionada con fíos de algodón e liño. Acéptanse encargas. Stock limitado.

Pulseira ancha de liño

Pulseira ancha de liño con enganche de metal. Mide 15 x 3 cm. Encaixe confeccionado con fío de liño branco. Acéptanse encargas, o prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

Pulseira estreita de algodón

Pulseira estreita, de algodón con enganche de metal. Mide 11 x 2,5 cm. Puntilla de encaixe de palillos confeccionada con fío de algodón e metalizado de cores. Acéptanse encargas. O prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

Pulseira de ondas

Pulseira de ondas, de fío de liño con enganche de metal. Mide 15 x 3 cm. Puntilla de encaixe de palillos confeccionada con fío de liño de cores e enganche de metal. Acéptanse encargas. Stock limitado.

Flor, broche-pinza

Flor, broche-pinza con forma de flor con puntilla de encaixe de palillos cor branca. Mide 8 x 4 cm. Puntilla confeccionada con fío de algodón e metalizados. Se necesitase ferro, sería a temperatura media. Con broche e pinza de metal. Acéptanse encargas para realizalas en calquera cor ou tamaño.

Saco de cheiro

Saco de cheiro, bolsita de tea de liño con puntilla de encaixe de palillos, rechea de flores secas con cheiro a rosas. Mide 18 x 10 cm. Encaixe de palillos incrustado en tea de liño. Para pasala o ferro non debe deixar que se seque a tea e o encaixe do todo despois de lavala. Acéptanse encargas de calquera tamaño.

Llavero de palillo

Llavero de palillo, tamaño mini. Mide 15 x 2 cm. Palillo de madeira de buxo torneada con argola de metal. Acéptanse todo tipo de encargas, tamaño, cor...

Rulo de madeira

Rulo de madeira con goma ideal para envolver encaixe de palillos confeccionado por metro. Mide 15 x 3 cm. Realizado en madeira lisa, pódese limpar con auga. Acéptanse encargas para calquera cor, tamaño, torneado...

Peite

Peite, tablilla de madeira con dúas rañuras e goma. Ideal para suxeitar e separar os palillos en grandes labores. Mide 12 x 4 cm. Realizada con madeira de piñeiro e buxo con goma branca para suxeitar. Acéptanse encargas. Stock limitado.

Dedal de madeira

Dedal de madeira con dúas raias queimadas, ideal para coser tea dura. Mide 2,5 x 2 cm. Realizado en madeira de buxo. Acéptanse encargas.

Palillo grande

Palillo grande. Palillo de madeira tamaño grande ideal para manualidades e decoración. Mide 19 x 3 cm. Realizado en madeira de eucalipto. Encargas de calquera tamaño, cor ou madeira.

Palillo para liño

Palillo para liño. Palillo de madeira de buxo perfecto para labores confeccionados con fío de liño. Mide 14 x 1,6 cm. Realizado en madeira de buxo. Acéptanse encargas. Stock limitado.

Palillo de madeira torneada

Palillo de madeira torneada. Mide 14 x 2 cm. Realizada en madeira de carballo. Stock limitado.

Babeiro con puntilla de encaixe

Babeiro con puntilla de encaixe de palillos e lazo a xogo. Mide 23 x 21 cm. Puntilla incrustada en tea de liño con lazo e biés de raso. Á hora de lavalo non se debe deixar secar do todo, mellor pasalo o ferro húmido. Acéptanse encargas de todo tipo de cores, tamaño e modelo.

Fular con puntilla de encaixe

Fular con puntilla de encaixe. Mide 1,70 x 0,80 m. De poliéster e algodón con puntilla de encaixe cor beige. Lavar en frío e pasar o ferro a temperatura baixa. Stock limitado.

“Silva”

“Silva”. Tapete rectangular de encaixe de Camariñas, cor branca. Mide 32 x 22 cm. Puntilla incrustada á tea de liño, todo en cor branca. Lavar e pasar o ferro a baixa temperatura. Stock limitado.

Pano de encaixe

Pano de encaixe de palillos en cor branca. Ideal para noivas, bautizos, comuñóns,…Mide 25 x 25 cm. Puntilla de encaixe confeccionada con fío de algodón branco e unida á tea mediante o punto de incruste. Stock limitado.

“Fieita”

“Fieita”. Tapete de encaixe de palillos rectangular en cor beige. Mide 37 x 28 cm. Puntilla de encaixe realizada en fío de algodón incrustada a tea de liño. Stock limitado.

“Campá”

“Campá”. Tapete de encaixe de palillos en beige con forma ovalada. Mide 61 x 30 cm. Puntilla de encaixe unida por incruste á tea de liño. Lavar e pasar o ferro a baixa temperatura. Stock limitado.

Centro de mesa

Centro de mesa, todo realizado en encaixe de palillos. Mide 98 x 49 cm. Encaixe confeccionado todo con fío de algodón. Pasar o ferro húmido e con coidado. Stock limitado.

“Volta”

“Volta”. Patrón de encaixe de palillos picado en cartón, con forma circular. Mide 14 cm. Pódese confeccionar con gran variedade de fíos. Acéptanse encargas, o prazo de entrega dependerá do volume do pedido.

Suscríbete a nosa newsletter

Entérate de todo o mundo da mostra

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad