Fiando Miúdo

A través de Fiando Miúdo intento crear produtos con carácter e, coa singularidade e exclusividade do feito a man. Fiando Miudo é unha marca rexistrada que ofrece produtos contemporáneos creados no taller, pero tamén ofrece a posibilidade de facer únicas as pezas e accesorios deseñados para os teus momentos máis especiais.

Forma de pago

Como medio de pago aceptamos Paypal, Stripe, Transferencia e Bizum.

Condicións de envío

Fanse envíos por correo ordinario ou certificado, ou por Tourline Express (dependerá do peso). Fanse envíos gratuítos a partir de 85 € de compra. Non se admiten cambios ou devolucións de produtos personalizados, a medida ou de xoiería. Ao ser pezas feitas a man, só admitimos cambios.
En todas as compras Os descontos aparecen na descrición de cada produto.% de desconto durante a Mostra Virtual

Productos de "Fiando Miúdo" na Mostra Virtual

Diademas “Floriñas”

Diademas “Floriñas”. Ideais para bebés e nenas pequenas, fáciles de combinar. Diversos modelos e cores. Varios tamaños. Lavar a man.

Paxarelas

Paxarelas, ideais para festas e ocasións especiais. Diversos modelos e varios tamaños. Confeccionadas a man. Encaixe cosido a máquina. Lavar a man. Desconto da venda especial para aMostra Virtual do 15 % - 25% (preguntar modelos)

Pinzas para o pelo

Pinzas para o pelo, con flores en varias tonalidades, ideais para tempada primavera-verán. Con ganchos de pinzas ou reforzados. Varios modelos e medidas. Lavar a man. Encaixe de algodón beige, branco,

Chupetero, azul con encaixe de algodón

Chupetero, azul con encaixe de algodón e enganche de seguridade. O chupete suxéitase con velcro. Longo de cinta 17,5 cm. Lavar a man. Encaixe de algodón cosido a máquina. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 25 %.

Clutch Crochet

Clutch Crochet, ou carteira de man realizada a crochet e lapela con encaixe negro cosido a man e a máquina. Peche magnético e forrado interiormente. Ideal tanto para diario como para ir arranxada. Mide 21 cm x 14 cm. Algodón 100%. Lavar a man. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 15 %

Conxunto de noite

Conxunto de noite, para durmir ideal para verán. Varias tallas e cores. Tea de raso e encaixe de algodón, cosido a máquina. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 5 %.

Top flores brancas

Top flores brancas, moi combinable. Ideal para o verán, con encaixe no escote. Tiras regulables. Talla S. Tecido 50% algodón e encaixe de algodón de cor branca.Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 50 %.

Funda de Tablet / iPad

Funda de Tablet / iPad. Varios modelos con cremalleira ou botón. Encaixe de algodón cosido a máquina. Mide 26 cm x 19 cm. Lavable en lavadora en delicado. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 10 % - 15% (preguntar por modelo).

Bolso rosa

Bolso rosa, moi orixinal, en cor alegre, ideal para ocasións especiais ou tamén para diario. Con encaixe aplicado, cosido a man e ornamentado con lazos de organza. Mide 34 cm ancho x 22 cm alto x 12 cm fondo. Tecido semirrígido con apliques de algodón cosidos a man. Lavable a máquina en delicado. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 45 %.

Abanico de “A Simona”

Abanico de “A Simona”, complemento perfecto para calquera día e época do ano. Indispensable en calquera bolso. Mide 43 cm de ancho.

Salvamantel / Camiño de mesa

Salvamantel / Camiño de mesa, en varias tonalidades. Encaixe cosido a máquina, super decorativos e orixinais. Salvamantel 45 cm x 35 cm e camiño de mesa 132 cm x 35 cm. Composición algodón e poliéster, encaixe de algodón. Lavables a man ou a máquina en delicado.

Moedeiro Crochet

Moedeiro Crochet, feito a crochet, con encaixe e peche metálico. Interior forrado. Confección e realización a man 100%. Detalle moi orixinal e práctico. Varias medidas. Encaixe de algodón cosido a máquina. Varias cores e modelos. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 20 %.

Broche follas

Broche follas, perfectos como agasallo ou para levar coa túa roupa favorita. 100% encaixe, con fío metálico para unha maior resistencia, en beige ou malva. Exclusivos. Mide 9 cm ancho x 5,5 cm de alto. Encaixe en fío de liño artesanal. Abelorios metálicos ou de madeira. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 15 %

Broche con forma de abanico

Broche con forma de abanico, con tiras laranxas que lle dan un toque distinto, orixinal e informal. Mide 11 cm ancho x 6,5 cm alto, as tiras laranxas miden 8 cm de longo. Encaixe de liño artesanal. Tiras de antelina cor laranxa. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 35 %.

Diadema de aro

Diadema de aro, en dous tons vermello ou verde. Encaixe branco, perfectas para acompañar con calquera vestido ou conxunto. En varias medidas. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 10 %

Pelele azul celeste

Pelele azul celeste, estilo camisero con encaixe en mangas e pescozo. Ideal para verán. Mide 68 cm para 6 meses. 100% algodón, lavable en lavadora a 30º. Botóns na parte dianteira e snaps na parte do cueiro. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 25 %.

Vestido margaridas

Vestido margaridas, super poñible, moi fresquito. Combinable perfecto con chaquetiña en punto bobo. Talla 12 - 24 meses. Lavable en lavadora 30º. Botóns nas costas. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 50%.

Conxunto inverno

Conxunto inverno, de vestido e body de manga longa. Vestido forrado ideal para outono - inverno, con encaixe en mangas e parte baixa. Talla 12 - 24 meses. Botóns nas costastanto no vestido como no body. Lavable a 30º. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 10 %.

Vestido reflexos dourados

Vestido reflexos dourados, ideal para ocasións especiais, con encaixe dourado en fío metalizado. Talla 12 - 24 meses. Con 3 capas de tecido, que o fan moi pomposo e con voo. Botóns nas costas. Lavable a 30º. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 50 %.

Conxunto vermello/branco

Conxunto vermello/branco, de camisola e saia, con encaixe de pasacintas branco. moi poñible. Talla 4 - 5 anos. Saia forrada con lazo de veludo en pasacintas e cintura con goma. Camisola con botóns nas costas. Confeccionado a man. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 15 %.

Vestido topos

Vestido topos, con estampado de topos, tempada outono - inverno. Ideal con leotardos e un polo azul mariño. Talla 24 meses. Tea micropana, encaixe de algodón azul mariño e cremalleira nas costas. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 25 %.

Vestido margaridas azuis

Vestido margaridas azuis, conxunto de vestido e cubrecueiro, con puntilla en parte frontal do vestido e pernera do cubrecueiro. Ideal para o verán. Talla 12 meses. Tea piquei en dúas tonalidades combinadas. Encaixe azulón e botóns na parte traseira. Lavable a 30º. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 10%.

Vestido lazo beige

Vestido lazo beige, vestido de tiras, perfecto para o verán cunha chaquetiña beige en punto bobo lisa. Encaixe dobre na parte baixa. Talla 6 meses. Tea piquei canutillo branco roto. Parte traseira abotoada. Lavable a 30º. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 15 %.

Vestido corazón, tempada inverno

Vestido corazón, tempada inverno, con encaixe en cor mostaza. Ideal con leotardos mostaza e polo rosa, mostaza ou azul ceo. Tea algodón 100%, encaixe de liño. Cremalleira na parte traseira. Lavable a 30º. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 50 %.

Camisola rombos

Camisola rombos, de nena con dobre capa, encaixe vermello como remate, ideal para vestir ou para diario. Tallas 2-3 anos (98 cm) e 4-5 anos (110 cm). Camisola ou blusa cunha caída moi bonita. Encaixe cosido a máquina, con botón na parte traseira. Lavable a 30º. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 25%.

Pichi rosa

Pichi rosa, ideal para combinar con leotardos e polo de manga longa. Tempada outono-inverno. Super cómodos. Tallas 1 - 2 anos (92 cm) con encaixe en fío metalizado, 2 - 3 anos (98 cm) con encaixe beige. Tea micropana en cor rosa bebé, botóns na parte traseira. Mesmo modelo pero con distinto encaixe. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 25 %.

Vestido con topos dourados

Vestido con topos dourados, con basta efecto globo. Super bonito e orixinal, con encaixe metalizado dourado en sisas e pescozo. Talla 6 meses (68 cm). Botóns na parte traseira. Lavable a 30º. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 50 %.

Sabas de berce

Sabas de berce, xogo de tres pezas (saba, baixera e funda de almofada) Ideal como agasallo ou para vestir o berce do teu pequeno. Para un berce de 120 cm x 60 cm. En dúas tonalidades, beige en algodón (verán) e azul en franela (inverno). Encaixe cosido a máquina en saba e en funda de almofada. Desconto da venda especial para a Mostra Virtual do 10 %.

Fular

Fular, ideal como complemento. Perfecto como detalle ou agasallo. Dispoñemos de máis de 20 estampados diferentes, en varias medidas. Encaixe cosido a máquina, en algodón (varias cores). Lavar a man.

Camiseta “Brava”

Camiseta “Brava”, orixinal e reivindicativa. Super combinable, con bolboreta sobre tul branco. Talla S. Vinilada, 100% algodón. Lavable a 30º.

Suscríbete a nosa newsletter

Entérate de todo o mundo da mostra

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad