Encaixes Lucita

En Encaixes Lucita levamos dende moitos anos atrás comercializando o mellor encaixe de palillos feito a man polas nosas expertas palilleiras.

Forma de pago

Como método de pago aceptamos contra reembolso e transferencia bancaria.

Condicións de envío

Fanse envíos por correo, axencias de transporte, etc… custos de transporte a cargo da empresa. Non se admiten devolucións.
En todas as compras 10% de desconto durante a Mostra Virtual

Productos de "Encaixes Lucita" na Mostra Virtual

Antuca de encaixe

Antuca de encaixe. Ideal para vodas. Feito a man con mango de madeira. Produto de liño, lavar a man. Prazo de entrega 1 semana.

Chal de liño

Chal de liño, con debuxo “reina”cor laranxa integramente artesanal. Dispoñible en distintas cores. Peza de liño. Lavar a man. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Abanico de madeira

Abanico de madeira con encaixe en cor beige. Dispoñemos de abanicos de liño e algodón. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Portamascarillas

Portamascarillas con encaixe de algodón. Lavar a man. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Pulseira de encaixe

Pulseira de encaixe de liño. Dispoñible en varias cores. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Pousavasos

“El Rosario”. Pousavasos feito en fío de algodón. Lavar a man e pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Chal de liño feito con encaixe

Chal de liño feito con encaixe con deseño de corazóns en cor azul. Integramente artesanal. Composición liño e algodón, lavar a man e pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Bolsa para gardar abanicos

Bolsa para gardar abanicos de tea de liño e encaixe de algodón cunha franxa de encaixe. Composición de liño e algodón, lavar a man e pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Bolsa de perfume

Bolsa de perfume con plantas aromáticas no interior. Con encaixe de palillos e tea de liño. Lazos de diferentes cores e encaixes de diversas formas. Composición liño e algodón. Lavar a man e pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Portapanos ou tarxetero

Portapanos ou tarxetero con iniciais e encaixe de palillos. Feito con tea de liño. Mide 13 x 9,5 cm. Composición liño e algodón. Lavar a man e pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Babero con cinta a elixir

Babero con cinta a elixir, rosa, azul ou beige. Con detalle de encaixe. Mide 21,5 x 23 cm. Con encaixe de fío de algodón e tea de liño. Prazo de entrega máximo 1 semana .

Máscara, con detalle de encaixe e tea de liño azul

Máscara, con detalle de encaixe e tea de liño azul (cor a elixir). Con abertura para o filtro adecuado. Existen outras variantes de máscara con distintos bordados e cores de tea. Medida estándar. Fío de liño, lavar a man. Pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana .

Máscara de encaixe e tea de liño

Máscara de encaixe e tea de liño .Ideal para vodas, bautizos e comuñóns. Con abertura para o filtro adecuado. Medida estándar. Fío de liño e algodón, lavar a man. Pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana .

Máscara reutilizable de encaixe

Máscara reutilizable de encaixe ancho e negro e tea branca de liño. Con abertura para o filtro adecuado e axustable na zona do nariz. Existe unha gran variedade de encaixe con distintas cores así como teas de diferentes tonalidades. Medida estándar. Fío de liño e algodón, lavar a man. Pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana .

Máscara cuberta de encaixe

Máscara cuberta de encaixe con fío de algodón beige e tea de liño. Con abertura para filtro adecuado e axustable na zona do nariz. Ideal para bautizos, comuñóns ou vodas. Medida estándar. Fío de liño e algodón, lavar a man. Pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana .

Chal de encaixe negro e tea negra

Chal de encaixe negro e tea negra. Integramente artesanal. Ideal para vodas, comuñóns ou bautizos así como ocasións especiais. Mide 2 metros de longo e 40 cm de ancho aproximadamente. Existe unha gran variedade de cores tanto para a tea como para o encaixe: ao gusto do usuario. Tamén existen diversos tamaños e deseños de encaixe. Fío de liño, pódese lavar e pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana .

Abanico floreado

Abanico floreado con tonalidade azul e encaixe branco con fío de algodón. Ideal para toda ocasión Mide 23 cm de longo x 43 cm de ancho. Con encaixe de algodón e abanico de madeira pintado a man. Existen fundas de encaixe para gardar os abanicos así como unha gran variedade de distintos abanicos, cores e formas do encaixe. Prazo de entrega máximo 1 semana .

Pulseira de encaixe negro

Pulseira de encaixe negro con fío de liño. Adáptase á boneca. Existe gran variedade de cores dos fíos e diversos debuxos de encaixe. Fío de liño, pódese lavar e pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Marcapáxinas feito de encaixe

Marcapáxinas feito de encaixe con fío de liño con tons rosados. Mide sobre 20 cm de longo. Existe unha gran variedade de formas de encaixe e distintas cores. Palillado en fío de liño, pódese lavar e pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Marcapáxinas con fío branco e negro

Marcapáxinas con fío branco e negro nos seus bordos. Con fío de liño. Mide 18,5 cm de longo. Existe unha gran diversidade de cores e formas. Fío de liño, lavar a man. Pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Chal integramente feito con fío de liño

Chal integramente feito con fío de liño de cor branca e negro. Integramente de liño. Con encaixe incrustado. Lavar a man e pódese pasar o ferro. Existen diversas cores de fío e distintos deseños de encaixe. Mide 1,60 m longo x 40 cm ancho. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Portamáscaras en tea de algodón

Portamáscaras en tea de algodón con detalle de encaixe con fío moreno. Dispoñibles en distintos deseños de encaixe así como cores de fío. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Bolsa con detalle transversal de encaixe

Bolsa con detalle transversal de encaixe de fío branco. Ideal para ir de compras, tarefas académicas… Mide 41,50 cm de longo x 38 cm de ancho. Encaixe de algodón, lavar a man. Pódese pasar o ferro. Existe diversidade de deseños feitos de encaixe e distintas cores de fío. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Chal de encaixe con fío verde

Chal de encaixe con fío verde . Feito integramente de liño. Lavar a man, pódese pasar o ferro. Existe diversidade nos fíos (diferentes cores) e distintos deseños de encaixe. Prazo de entrega en caso de encargas máximo 1 semana.

Abanico de madeira

Abanico de madeira con debuxos feitos a mans de tonalidades marróns e verdes. O encaixe é de cor branca. Mide 23 cm de longo x 42,5 cm de ancho. Con fío de algodón e madeira natural. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Chal de encaixe de fío de liño

Chal de encaixe integramente con fío de liño cor crema e branco. Ideal para todo tipo de ocasións. Mide 1,60 m de longo x 40 cm de ancho. Integramente de liño. Lavar a man, pódese pasar o ferro. Prazo de entrega en caso de encargas máximo 1 semana.

Moedeiro con tea de algodón e encaixe

Moedeiro con tea de algodón e detalle de encaixe . Con posibilidade de distintos tipos e debuxos de peche. Mide 9 cm de ancho x 8,50 cm de longo. Tea de algodón, lavar a man. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Máscara de tea de liño con puntilla de encaixe de fío moreno

Máscara de tea de liño con puntilla de encaixe de fío moreno. Conta con abertura para introducir o filtro adecuado; ademais, é axustable na zona do nariz. Medida estándar. Tea de liño e encaixe con fío de algodón. Lavar a man, pódese pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Máscara con tea de liño e encaixe de algodón brancos

Máscara con tea de liño e encaixe de algodón brancos. Conta con abertura para o filtro adecuado; ademais é axustable na zona do nariz. Ideal en toda ocasión. De liño e algodón, pódese lavar a man e pasar o ferro. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Máscara de tea de liño rosada

Máscara de tea de liño rosada con detalle de encaixe cor morena. Abertura para filtro adecuado e axustable na zona do nariz. Liño e fío de algodón, pódese lavar a man e pasar o ferro. Medida estándar. Prazo de entrega máximo 1 semana.

Suscríbete a nosa newsletter

Entérate de todo o mundo da mostra

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad