Encaixes Arjomil

Desde Encaixes Arjomil levamos máis de 20 anos realizando Encaixes de palillos feitos a man e montados en tea de fío. Todos os productos están realizados polas mans das mellores palilleiras que traballan para Encaixe Arjomil.

Forma de pago

Aceptamos como método de pago contrareembolso, transferencia ou Bizum.

Condicións de envío

Os envíos realizaranse por correos, axencia de transporte e se é posible persoalmente. Acéptanse devolucións polo mesmo medio que se enviou mentres sexa por unha causa xustificada.
En todas as compras 15% de desconto durante a Mostra Virtual

Productos de "Encaixes Arjomil" na Mostra Virtual

Bolso e neceser

Bolso e neceser, ideais para levar as nosas cositas no bolso…Feitos en teas de tapicería, forrados por dentro e con encaixe de Camariñas. No caso de aceptar encargas sería por prazos de entrega.

Mantel Centro

Mantel Centro, montado a incruste en tea de liño rústico. Con doce panos de mesa. O encaixe está feito con fío de algodón. Mide 3 m de longo por 1,70 m de ancho. Fanse en distintas medidas.

Mantel Amparo

Mantel Amparo, é un modelo único. Cadrado de 1,80 m x 1,80 m. Montado en tea azul de liño italiano. Ten seis panos de mesa.

Mantel Moderno

Mantel Moderno, encaixe espectacular. Montado en liño e a incruste. Os panos de mesa están feitas a incruste e a man, ten dez panos de mesa. Mide 3 m de longo por 1,70 m de ancho.

Mantel "Fieita-Sujo"

Mantel "Fieita-Sujo", ideal para mesas redondas de 1,10/ 1, 20 de diámetro. Montado en tea de fío con incruste. Ten seis panos de mesa. Cadrado de 1,50 m x 1,50 m. Pódese facer na medida que necesite.

Mantel Flores

Mantel Flores, montado en liño Italiano cunhas aplicacións ideais, ten seis panos de mesa. Mide 2 m por 1,60 m.

Mantel dá Silva

Mantel dá Silva, ten catro panos de mesa. Está montado en tea de fío gris. Cadrado de 1,10 m x 1,10 m. Pódese facer en distintas medidas.

Mantel Aplicacións Gándara

Mantel Aplicacións Gándara, o encaixe está feito con fío de algodón malva e montado cunha tea de fío a incruste. Leva seis panos de mesa. Mide 2 m de longo por 1,70 m de ancho. Pódese facer na medida que queiran.

Individuais

Individuais, ideais para poñer na mesa no canto de mantel. Montados en tea de fío. Pódense poñer combinados ou todos iguais.

Mantel Flor

Mantel Flor, montado en tea de fío a incruste. Ten 12 panos de mesa. Mide 3 m de longo por 1,50 m de ancho.

Tapetes "Ojal"

Tapetes "Ojal", feitos todo de encaixe con fío de algodón.

Toallas de bautizo

Toallas de bautizo, ideal para o día do bautizo. Feitas con tea de fío e distintos encaixes. Pódense personalizar co nome e datas.

Bolsa pan

Bolsa pan, en tea de fío e con encaixe.

Xogo de toallas Leis

Xogo de toallas Leis, para un baño de ilusión. Montadas en tea de fío e incruste a máquina.

Bandexas

Bandexas, en distintos modelos montados en tea de fío con incruste.

Xogos de tocador

Xogos de tocador, de tres pezas montados con incruste e teas de fío.

Bandexas Redondas e Tapete Leis

Bandexas Redondas e Tapete Leis Pequeno, tapete Leis de 60 cm todo de encaixe. Bandexas de distintos tamaños en redondo montadas en tea de fío e incruste.

Panos

Panos, montados con incruste e tea de liño italiano. Son branco óptico.

Fundas de lentes e moedeiros

Fundas de lentes e moedeiros, feitos con encaixe de palillos.

Xogo 5 Flores

Xogo 5 Flores, feito en fío de algodón moi fino. Mide 2,50 m e dúas almofadas de 1 m cada unha.

Xogo de cama “Antena”

Xogo de cama “Antena”, para cama de 1,50.

Abanicos

Abanicos variados

Mantel "Fieita"

Mantel "Fieita", tea de fío con incruste. Ten 12 #pano# de mesa. Mide 3 m de longo por 1,70 m de ancho. Fanse en distintas medidas

Suscríbete a nosa newsletter

Entérate de todo o mundo da mostra

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad