Saúdo de Encarna Liñeiro, Concelleira de Encaixe

Como Concelleira de Encaixe, douvos a benvida á web da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, un espazo de comunicación útil e que ten o obxectivo de achegar a tradición do encaixe e a programación e as novidades do evento a toda a cidadanía.

Desde este portal aberto ao mundo amosámosvos o que poderedes ver se vos achegades á capital da moda en Semana Santa: Camariñas. Unha pasarela de moda que reúne a algúns dos mellores deseñadores do país e ás promesas do sector a través do concurso de noveis deseñadores.

Invítovos a vir a coñecernos e a desfrutar das fermosas paisaxes e o patrimonio que nos rodea: o Cabo Vilán e o seu impoñente faro, o Cemiterio dos Ingleses, o Museo de Man e a súa obra ao aire libre, a Virxe do Monte ou as espectaculares praias de area branca e fina da nosa costa.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad