XXXV

Mostra do Encaixe de Camariñas

Programa da XXXV Mostra do Encaixe

Descubre todo o que te agarda na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas. Desfiles, encontros, actuacións e moito máis nun evento que celebra a tradición, a creatividade e a moda. Unha programación repleta de emocións para todos os públicos. Vive o encaixe coma nunca antes!

Mércores 1 de abril

  • 15:00 Apertura.
    Encontro de encaixeiras/os da Costa da Morte.
    Escolas infantís municipais.
  • 15:30 Pleno extraordinario “Avenida das Palilleiras”.
  • 16:30 Acto oficial de inauguración da “XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña”.
  • 18:00 Desfile “PequEncaixe”.
    Desfile “Firmas A e B”.
    Actuación de Luar na Lubre.
  • 21:00 Peche dos stands.

Xoves 2 de abril

  • 11:00 Apertura.
    Encontro de encaixeiras/os.
  • 12:00 Presentación do libro “Punto de Araña” de Nerea Pallares.
  • 12:20 Presentación do libro “A fresa dourada” de Anxo Mouzo.
  • 12:45 Costura en directo co deseñador José Perea.
    Desfile “Firmas A”.
    Desfile “ArtEncaixe A”.
    Desfile “PequEncaixe”.
  • 16:45 Desfile “Noveles Deseñadoras/es Grupo B”.
  • 18:00 Desfile “ArtEncaixe B”.
    Desfile “Delegacións Internacionais”.
    Desfile “Firmas B”.
  • 19:00 Desfile “Noveles Deseñadoras/es Grupo A”.
  • 20:30 Teatro “Fíos da memoria” (entrada gratuíta).
  • 21:00 Peche dos stands.

Venres 3 de abril

  • 11:00 Apertura.
    Encontro de encaixeiras/os.
    Escolas infantís municipais.
  • 12:00 Presentación do libro “Ángeles Acusadores” de Diego Garrote.
  • 12:20 Presentación do libro “Ardentañia 1854″ de María D. López-Manéndez Sánchez.
  • 12:45 Desfile “ArtEncaixe B”.
  • Desfile “Firmas B”.
  • 16:45 Desfile “ArtEncaixe A”.
  • Desfile “Delegacións Internacionais”.
  • Desfile “Firmas A”.
  • 18:00 Desfile “Noveles Deseñadoras/es Grupo A” coa presenza do xurado.
  • 19:00 Desfile “Noveles Deseñadoras/es Grupo B” coa presenza do xurado.
  • 19:30 Degustación de polbo de “Frigoríficos de Camariñas” na zona “Gourmet entre Encaixes”.
  • 20:30 Monólogo “Mortos de Risa Camelle” (entrada gratuíta).
  • 20:40 “Falemos de moda”, encontro entre Firmas e Noveles Deseñadoras/es.
  • 21:00 Peche dos stands.

Sábado 4 de abril

  • 11:00 Apertura.
    Encontro de encaixeiras/os.
    Escolas infantís municipais.
  • 11:40 Presentación do libro “1898 – El padre ausente”, última parte da triloxía “El cementerio de los ingleses” de Alfonso de Sas.
  • 12:00 Costa da Morte. Naturalmente única de Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández. Presenta o proxecto de APTCM, Pepe Formoso.
  • 12:30 Desfile “ArtEncaixe A”.
    Desfile “Firmas A”.
    Desfile “PequEncaixe”.
    Entrega de agasallos do Concello ás/os encaixeiras/os infantís.
    Actuación Sebastián Allones Dans.
  • 14:00 Degustación de rodaballo de “Stolt Sea Farm” na zona de “Gourmet entre Encaixes”.
  • 16:45 Desfile “Nóveis Deseñadoras/es Grupo B” coa presentación das/dos concursantes.
  • 18:00 Desfile “ArtEncaixe B”.
    Desfile “Delegacións Internacionais”.
    Desfile “Firmas B”.
  • 19:00 Desfile “Nóveis Deseñadoras/es Grupo A” coa presentación das/dos concursantes.
  • 20:30 Monólogo “Sen Restricións” de Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola (venda de entradas en taquilla).
  • 21:00 Peche dos stands.

Domingo 5 de abril

  • 11:00 Apertura.
    Acto de agradecemento aos stands participantes.
  • 12:15 IX Encontro de Corais Mostra do Encaixe.
    Coral Polifónica San Roque de Vigo, Coral San Salvador de Pazos de Ponteceso e Coral Municipal Brisas do Mar de Camariñas.
  • 13:00 Las guerreras del Kpop tributo musical (venda de entradas en taquilla).
  • 16:30 Desfile “Nóveis Deseñadoras/es A e B”.
    Fallo do xurado e entrega de premios do XXXII Concurso de Noveles Deseñadoras/es.
  • 19:30 Actuación Fíos de Saíre de Mascarada O Castriño.
    Ato de Clausura da XXXV Mostra do Encaixe.
    Desfile “PequEncaixe”.
    Desfile “Encaixeiras Seniors”.
    Actuación de Antía Muíño.
  • 21:00 Peche dos stands.

Prezos de desfiles e recinto

  • Entrada ao recinto: 2 €
  • Entrada ao recinto + 1 desfile: 3 €
  • Entrada a 1 desfile: 2 €
  • Bono todos os días + 1 desfile por día: 12 €
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.