Mostra
do Encaixe de Camariñas
Un evento cheo de Historia
Mira o video
Reproducir vídeo
Mostra
do Encaixe de Camariñas
A primeira edición da Mostra do Encaixe de Camariñas celebrábase na Semana Santa do ano 1991 chegando a ser inaugurada polo Conselleiro de Industria Juan Fernández, o Presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda e Fernando González Laxe, como ex-Presidente da Xunta de Galicia acompañando a Bautista Santos, Alcalde de Camariñas.
Corría o ano 1991 e Camariñas inauguraba a 1ª Mostra do Encaixe que transformaría para sempre a forma de traballar para miles de palilleiras, non só do Concello de Camariñas se non tamén do resto da Costa da Morte.
Dende as primeiras edicións da Mostra os encontros das palilleiras locais coas do resto de España e de Europa foron constantes levando estes eventos a un coñecemento moito maior da arte camariñana
Unha das claves da supervivencia e revalorización do Encaixe de Camariñas foi a creación das Escolas de Palillo en todas as parroquias do concello. A día de hoxe deceas de nenas e nenos participan nesta actividad extraescolar en Camariñas.
Se o Encaixe de Camariñas é algo consustancial dentro da idiosincrasia propia de Camariñas, a vila das palilleiras non se entendería como tal hoxe en día sen a Mostra do Encaixe na Semana Santa. Volvendo a vista atrás cáseque 60 anos, podemos comprobar o cambio drástico que dou a milenaria artesanía do Encaixe de Camariñas. Cando as mulleres daquel entón eran preguntadas polos periodistas que se achegaban curiosos sobre o futuro do encaixe de bolillo, as nosas bisavoas respondían sen dúbida algunha: “esto do encaixe desaparecerá, claro”.
As nosas mulleres de antaño non sabían o equivocadas que estaban. Despois de varios intentos por comercializar dignamente este arte propia, foi o Concello de Camariñas o que se puxo mans a obra para organizar a 1ª Mostra do Encaixe, que supuxo un antes e un despois na dinamización do inmenso traballo realizado por estas heroínas de entón. A inauguración desta primeira edición estuvo respaldada por numerosas autoridades tales como Fernando González Laxe, ex-Presidente da Xunta, O Conselleiro de Industria Juan Fernández e Salvador Fernández Moreda como Presidente da Deputación da Coruña.
Casa de Pedra de Camariñas
doloreslema.mostra@camarinas.net
Telf. 981 737 004 – Fax. 981 736 199
Encarna Liñeiro Pouso
encarna.lineiro@camarinas.net
Telf. +34 667 03 43 05