
O Corazón da
Mostra

Se hai algo que realmente fai grande a Mostra, é o seu exército de voluntarios e voluntarias. Sen eles, nada sería igual. Co seu traballo desinteresado, enerxía e compromiso, conseguen que cada detalle estea no seu sitio e que o espírito da Mostra se viva con intensidade. Grazas a todos por formar parte desta gran familia!
Organización

Dolores Lema
Se falamos de encaixe, Dolores Lema é un nome imprescindible. Cunha traxectoria impecable e unha paixón infinita polo oficio, leva décadas sendo unha auténtica embaixadora do encaixe de Camariñas. O seu talento e dedicación fixérona destacar tanto na promoción desta arte como na formación de novas xeracións de palilleiras, garantindo que a tradición siga viva e evolucionando co tempo.

Encarna Liñeiro
Se hai alguén que vive a Mostra do Encaixe con paixón, esa é Encarna Liñeiro. Desde a concellaría de Encaixe do Concello de Camariñas, leva anos impulsando e dinamizando o evento con creatividade e entrega, converténdoo nun referente de moda e tradición. O seu traballo incansable na promoción da Mostra logrou proxectar o encaixe máis alá das nosas fronteiras, facendo que esta arte centenaria siga viva e evolucionando coas novas xeracións.
Unha mostra viva

Detrás de cada fío de encaixe hai moito máis ca arte: hai paixón, esforzo e un equipo que fai posible a Mostra do Encaixe de Camariñas. Á fronte desta gran familia está Dolores Lema, directora da Mostra, e Encarna Liñeiro, concelleira delegada, que poñen todo o seu empeño para que cada edición sexa un éxito. Pero este evento non sería o mesmo sen o apoio do Concello de Camariñas, das entidades colaboradoras e, sobre todo, dos nosos voluntarios, que traballan con ilusión e desinteresadamente para que todo saia perfecto. Grazas a eles, a Mostra non só se organiza, ¡sinte-se e vívese con orgullo!

Mostra!
Se che mola o encaixe e a moda e queres vivir a Mostra dende dentro, non o dubides! Únete ao noso equipo de voluntarios e axúdanos a facer historia na costa. Ser parte deste evento é moito máis que traballar: é sentir a tradición, compartir momentos incribles e, por suposto, pasalo en grande. Se queres deixar a túa pegada na Mostra do Encaixe, este é o teu momento. ¡Aínda nos queda moito fío que tecer xuntos!