Camariñas celebrará o XXX Aniversario da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña no mes de outubro

A inauguración da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase o venres 8 de outubro, e a clausura será o martes 12, día do Pilar. En Semana Santa, data tradicional de festexo deste evento, organizaranse actividades adaptadas ao contexto sanitario vixente, ao aire libre, e co Encaixe como elemento protagonista.

O Concello de Camariñas anuncia que o XXX Aniversario da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña celebrarase no mes de outubro, concretamente entre o 8 e o 12, martes e día do Pilar.

Logo dunha extensa deliberación e de múltiples conversacións cos sectores que vertebran a economía do municipio, “sería terrible suspender por segundo ano consecutivo a Mostra do Encaixe”, subliña a alcaldesa, Sandra Insua.

“Será un evento que estará marcado pola pandemia, aínda que agardamos que a situación nos últimos meses do 2021 sexa moito mellor que a que temos agora”, recalca Encarna Liñeiro, a concelleira de Encaixe. “Contemplamos estritas medidas de seguridade e hixiene e controlaremos os aforos de todas as salas”, di a edila.

Pola súa banda, a directora da Mostra, Dolores Lema, anuncia que “con todo, organizaremos durante a Semana Santa, actividades ao aire libre e adaptadas ao contexto sanitario vixente, que terán o Encaixe como elemento protagonista”.

E que a idea non é outra que combinar ambas celebracións. Por unha banda, a virtual, que tanto éxito tivera como alternativa no pasado 2020 e con “algunha que outra sorpresa”; e por outro lado, a presencial, sempre atendendo “á evolución da situación e con moita precaución”, insisten desde o Concello.

Spot oficial da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Posts relacionados

O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
Camariñas convoca as bases do XXXII concurso de Noveis Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2025.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.