Talento local na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas con EncaixaT, Eu quedo tesa e Ene de Toba

Tina, Concha, Maruja, Maik e Noemí dan vida ás distintas marcas que estarán presentes do 16 ao 20 de abril no pavillón Víctor Vigo. 

O talento local estará moi presente na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña nas marcas EncaixaT, Eu quedo tesa e Ene de Toba, que participarán nos desfiles de ArtEncaixe. Estes proxectos naceron con Tina, Concha, Maruja, Maik e Noemí, e o seu selo persoal será parte fundamental da actividade que se desenvolverá no pavillón Víctor Vigo do 16 ao 20 de abril de 2025. 

EncaixaT nace en marzo de 2018 para fusionar arte, encaixe, camisetas, naturalidade e tradición. Tina, Concha e Maruja danlle forma ás camisetas, “unha prenda básica que está presente nos armarios de moita xente pola súa comodidade, e que transmiten mensaxes repletos de valor co noso Encaixe. Este ano, os nosos deseños amosaranse na pasarela Deputación da Coruña con seis pezas, algún novo deseño moi cómodo e natural porque esa é a nosa esencia: Encaixe con naturalidade”, afirman. 

Maik Pérez é o alter ego de Eu quedo tesa, unha marca que naceu “case por casualidade, froito dunha coincidencia e dun curso que realicei. Despois de formarme en áreas como o marketing e asesor de compras, e de traballar durante anos no backstage en anteriores edicións da Mostra, decidín dar o paso con moita ilusión e transformar o Encaixe de Camariñas en xoias e accesorios únicos”, sinala. 

“Para min, o Encaixe é máis ca un material: é parte da miña vida e das miñas raíces. Todas as mulleres da miña familia traballaron o Encaixe desde sempre, así que lévoo comigo a todas partes. As miñas pezas viaxaron ata Arabia Saudí, e por suposto, sempre están conectadas con Camariñas. Para esta edición presentarei unha nova colección de moda na que o Encaixe é o protagonista, un traballo de meses, con dedicación de moitas palilleiras e no que contei co apoio da miña nai, un piar fundamental da miña vida. A colección transportaranos a aqueles tempos nos que as palilleiras reuníanse para traballar xuntas, pero cun enfoque moderno e un toque LGBTQ+, valores que tamén forman parte de min. Esta é a miña primeira colección completa e supón un desafío enorme, porque quero transmitir todo ese significado non solo na moda, tamén nos accesorios”, conclúe este camariñán.

Noemí Toba, estudante de Corte e Confección na Academia Aury Pérez, desfilará coa súa marca, Ene de Toba e a súa colección “Dezaseis de julio”. Vencellada ao mundo da moda desde moi nova, co desexo de “traballar disto cando remate a miña formación, porque é algo co que desfruto e co que me sinto realizada”, non é a primeira vez que aplica Encaixe de Camariñas na roupa. 

Desde ben pequena, tiña claro que esta maneira de entender a vida “formaría parte de min. De moi noviña, ía á costureira e lle dicía onde e como quería que me aplicara Encaixe na roupa. Agora, que sei as técnicas, deseño, fago os patróns, coso e palillo o Encaixe que leva a roupa, e que amosarei na pasarela este ano tras presentar o ano pasado Deidade, a miña primeira colección”.

“O que pode aportar o Encaixe á roupa non é comparable con ningunha outra aplicación que se poida realizar. Esta colección será moi especial, porque leva moito tempo debuxada na miña libreta, une dous elementos característicos de Camariñas, que son a Danza de Arcos e o Encaixe. Está chea de sentimento e poder presentala en Camariñas é un auténtico orgullo para min.”

Posts relacionados

O ‘Mar de Piques’ da XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña arrastra a 23.390 persoas e pulveriza todos os rexistros

O ‘Mar de Piques’ da XXXIV...

Este dato de asistencia é o máis alto desde o ano 2011. O mércores, o xoves e o domingo rexistráronse…
Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.