Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas renovan patrocinio para a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Ambas empresas, afincadas no municipio,  reforzaron as liñas do acordo de colaboración. Ademais, haberá degustación de rodaballo e de polbo no recinto.

As empresas Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas, afincadas no municipio, reforzan novamente a aposta pola Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña e serán patrocinadoras desta triséximo cuarta edición.

A alcaldesa, Sandra Insua, xunto coa concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, e a directora da Mostra, Dolores Lema, definiron as liñas de colaboración co director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, e coa directora técnica de Frigoríficos de Camariñas, Verónica Canosa.

Deste xeito, as empresas contribuirán á promoción do Encaixe de Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para por en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través do seu labor. 

Ademais, tamén se organizará unha degustación de polbo (venres 18 de marzo ás 19:30 horas) e de rodaballo (sábado 19 de marzo ás 14:00 horas) no recinto da Mostra e serán os encargados de entregar diferentes premios no XXXI Concurso de Noveis Deseñadores.

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas renovan patrocinio para a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Posts relacionados

Máis de 25 voluntarias e voluntarios asegurarán o bo funcionamento da XXXIV Mostra do Encaixe 

Máis de 25 voluntarias e voluntarios...

A XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña volverá a contar cun fenomenal equipo de voluntarios e voluntarias…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
gl_ESGL_ES