Quenta motores o XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores

Faise pública a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O evento terá lugar do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a celebración da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas.

O Concello de Camariñas fixo pública hoxe, 16 de decembro, a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a XXXI Mostra do Encaixe De Camariñas.

O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores: José Daniel Teriffe, Egoitz Ruíz, Candela Mondelo e Natalia María González, Pablo Buendía e Jacobo Martí, Uxía Rodríguez, Andrea Piñeiro, Josu Santos, Álvaro Castillo, Enrique Sánchez, Nahomi Jiménez e Raquel Marina Blanco, Enrique Llera, Cantia Aparicio, Joaquín Ruíz, Vanessa Parente e Beatriz Chan, Sofía Sánchez, Llucía Miravalles, Alicia Rocamora, Orlinda Armandina Anchundia e Luigi Maldera, Bimba González e a de Pablo González.

A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alicante, Guipúscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. Formáronse nas mellores escolas a nivel estatal.

Desde a Mostra queren “parabenizar a todas e todos os integrantes desta selección final, algúns e algunhas xa vellas e vellos coñecidos deste evento, e que contribúen co seu esforzo a superar un nivel xa de por si alto nos concursos anteriores”, comentan. “O xurado vaino ter moi complicado outro ano máis”, admiten.

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
gl_ESGL_ES