Os encaixeiros infantís recibirán na Mostra o libro ‘Un viaje por el espacio’ da camariñana Águeda Antelo 

A entrega deste agasallo terá lugar o sábado, 19 de abril, a partir das 13:30 horas tras o desfile do PequEncaixe. A autora creou este libro como traballo de fin de Máster sobre unha intervención no proceso de organización na escritura de contos nos nenos e nenas de Educación Infantil. Para levar a cabo o traballo previo de intervención estivo na aula de cinco anos nos colexios de Camariñas e Ponte do Porto.

Os nenos e nenas da Escola de Palillo municipal son o futuro do encaixe e da Mostra e por iso, ano tras ano, aprovéitase a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña para recoñecer o seu traballo. Nesta ocasión recibirán un agasallo moi especial: o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo.

A entrega do agasallo, na que participará a propia autora, terá lugar o sábado, 19 de abril, a partir das 13:30 horas cando remate o sempre emocionante e divertido desfile do PequEncaixe.

O libro ‘Un viaje por el espacio’ surxe a raíz do Traballo de Fin de Máster de Águeda Antelo, que cursou Educación Infantil e logo fixo o Máster de Psicoloxía Aplicada a Contextos Educativos. O traballo consistía en facer unha intervención no proceso de organización na escritura de contos nos nenos e nenas de Educación Infantil e ela decidiu levala a cabo nas aulas de 5 anos dos colexios de Camariñas e de Ponte do Porto.

“Para facer o traballo necesitaba un tema que me dese moito material e por iso decidín escoller o espazo cos seus planetas, asteroides, marcianos… Foron 8 semanas de intervención no colexio de Camariñas e eu, cada día que chegaba, contáballes aos nenos e nenas un pouco da historia do meu libro e a partir de aí traballábamos diversas actividades relacionadas co espazo. Toda a intervención ía unida a unha historia coa que eles estaban familiarizados”, indica a autora.

Cartel da XXXIV Mostra do Encaixe
Cartel da XXXIV Mostra do Encaixe

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron como agasallo o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. A…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.