O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXV Mostra do Encaixe

Chegan desde diferentes países: Eslovaquia, Portugal, Bulgaria, Arxentina, Italia, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os encargados de lucir as súas creacións na pasarela.

O encaixe, como artesanía milenaria, non coñece de fronteiras. Así se demostrou na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña no desfile das ‘Delegacións de encaixeiras Internacionais’ que amosaron as súas creacións na pasarela.

Participan: Eslovaquia (Krakovany), Arxentina (Buenos Aires e Córdoba), Bulgaria (Sofía), Italia (Novedrate), Portugal (Peniche e Serra D’El Rei), Polonia (Bobowa) e España (Arenis del Mar).

Son as voluntarias e os voluntarios da Mostra do Encaixe os encargados de lucir as súas creacións sobre a pasarela. Aproveitando o desfile, eles tamén recibiron un agasallo por parte do Concello en recoñecemento ao seu traballo altruísta. 

Posts relacionados

Camariñas convoca as bases do XXXIII concurso de Noveis Deseñadores da XXXVI Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXIII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2026.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.