O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Desfile Delegacións Internacionais XXXII Mostra do Encaixe 2024
Desfile Delegacións Internacionais XXXII Mostra do Encaixe 2024
Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os encargados de lucir as súas creacións na pasarela.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A cultura é unha linguaxe internacional e o encaixe e a Mostra son un bo exemplo diso. Como é habitual, na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, as ‘Delegacións de encaixeiras internacionais’ volveron saír á pasarela.

Desfilaron onte, venres 29 de marzo, por primeira vez e repetirán hoxe, sábado 30 de marzo. Participan: Bulgaria (Sofía), Eslovaquia (Krakovani), Francia (La Turballe), Gran Canaria (Ingenio), Italia (Gubbio), Italia (Novedrate), Italia (Trapani), Polonia (Bobowa), Portugal (Peniche), Portugal (Serra d’ el Rei), República Checa (Palickovani). 

Son as voluntairas e os voluntarios da Mostra do Encaixe os encargados de lucir as súas creacións sobre a pasarela.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad