O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto, El Pulpo, Dolores Cortés, José Perea, Xoaquín Ruíz, MATTEÔS Bridal, ÔSE Couture e a firma local Ondas do Mar.

O desfile de Grandes Deseñadores, xunto aos nenos e nenas do PequEncaixe, inaugurou un ano máis a XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas e as firmas, de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional, demostraron que o encaixe ten a capacidade de brillar con luz propia na moda contemporánea. 

Nesta trixésimo cuarta edición participan 12 firmas: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto, El Pulpo, Dolores Cortés, José Perea, Xoaquín Ruíz, MATTEÔS Bridal, ÔSE Couture e a firma local Ondas do Mar.

A deseñadora asturiana Ana Cabranes, que participa no evento desde o ano 2003, presenta presenta unha colección cápsula que destaca por ter moita luz e unha sensación de fusión do encaixe co ton, sendo todo un”. A firma de Xoaquín Ruíz, que comezou participando no concurso de Noveis Deseñadores e pasou pola pasarela de Firma Emerxente para dar o salto este ano aos Grandes Deseñadores, presenta unha colección “que xira en torno á delicadeza dos detalles e á forza do artesán, onde Andalucía se atopa con Galicia”.

A marca galega Andión, fundada por nai e filla, volveu á Mostra e aposta nesta ocasión por “darlle aínda máis protagonismo ao encaixe, centrándonos na noiva contemporánea pero sempre con base de tradición nos tecidos”. A camariñana Josefina Campaña e a súa firma Ondas do Mar, dá o salto este ano á pasarela de Grandes Firmas desde a de ArtEncaixe e presenta “a mestura de ideas que sae cada segundo na miña cabeza, a mestura do encaixe e o fío”. 

A granadina Claudina Mata presenta unha nova colección de traxes de noiva “na que exploro a femininidade desde un punto de vista actual”. DEVOTA&LOMBA integra “encaixe cos sombreiros onde enlazamos tradición e vangarda”.

A deseñadora valenciana Dolores Cortés non podía faltar á Mostra e presenta a súa nova colección de traxes de baño para o verán 2026, que se inspira na cultura nómada Maasai “para fusionar tradición e modernidade con estampados que reflicten unha profunda tradición coa naturaleza”. 

O deseñador andaluz José Perea, un dos perfís máis mediáticos, audaces e rompedores do panorama da moda española actual, debutou por primeira vez na pasarela galega cunha colección cápsula “con moito volume e vestidos elegantes á vez que transparentes”.

A firma galega ElPulpo regresa tras o seu éxito en 2024 e amplía os seus deseños con propostas femininas para a súa liña ‘Teen’ coa súa colección cápsula ‘Encaixe de Amor’. O dúo asturiano Innamoretto, formado por Ignacio Muñoz e Claudia González, debuta no evento fusionando o ‘streetwear’; a xastrería clásica e a pel coa tradición das palilleiras.

Por último, José Matteos dobra outro ano máis a súa presenza na Mostra presentando dúas firmas: ÔSE Couture e MATTEÔS Bridal. ‘Camariñas, tierra querida’ é a colección de MATTEÔS Bridal, dirixida a noivas que buscan pezas especiais e valoran o traballo artesanal; e ‘Galicia Eterna’, o contrapunto conceptual de ÔSE Couture, “unha proposta con moita forza que conecta coas miñas raíces”.

Galería de fotos do desfile de Grandes Deseñadores

Posts relacionados

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ contará con 14 postos de venta  

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ contará...

O espazo dedicado ao sector alimentario ‘Gourmet entre encaixes’, que se estreou con éxito na última edición da Mostra do…
O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ repite na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas 

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ repite...

Volverá a habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.