A Mostra do Encaixe de Camariñas dá un paso adiante na súa estratexia dixital co lanzamento da súa nova páxina web, deseñada para ofrecer unha experiencia máis moderna, atractiva e funcional. Este redeseño non só mellora a estética e usabilidade, senón que tamén optimiza a organización dos contidos e potencia a visibilidade do evento no ámbito dixital.
Un deseño pensado para un público novo e dinámico
Coa intención de achegarnos ao noso público obxectivo, unha audiencia nova, interesada na moda e na autenticidade do encaixe como arte e tradición, renovamos a linguaxe da web, facéndoa máis dinámica, actual e accesible. Agora, a navegación é máis intuitiva e a información preséntase de forma clara e estruturada.
Nova estrutura da web
A reorganización dos contidos permite que os usuarios atopen facilmente o que buscan:
- Inicio: Acceso rápido ás novidades máis destacadas e a toda a información esencial da Mostra.
- Sobre a Mostra: Un espazo onde se explica en que consiste o evento e a súa relevancia no mundo do encaixe e da moda.
- Historia: Sección clave nesta nova versión, onde se incluirá próximamente un arquivo dixital completo da Mostra do Encaixe. Aquí os visitantes poderán acceder a fotos, carteis, vídeos e datos detallados de cada edición dende 1991.
- Equipo: Espazo dedicado a destacar o papel fundamental do equipo organizador, incluíndo a directora da Mostra, a concelleira delegada e, especialmente, os voluntarios que fan posible o evento.
- Actualidade: Un blog con todas as noticias e novidades, agora completamente traducido ao castelán e inglés, ampliando así o alcance internacional da Mostra.
- Contacto: Un apartado renovado que facilita a comunicación coa organización.
- Programa 2025: Sección específica coa programación detallada da próxima edición.
Novas seccións para potenciar a pasarela e a exposición de encaixeiras
Ademais da nova estrutura, a web incorpora próximamente dúas seccións clave para potenciar a pasarela e a exposición de encaixeiras:
- Pasarela: Un apartado exclusivo para destacar os desfiles, deseñadores e novas creacións que fusionan tradición e vangarda.
- Exposición de Encaixeiras: Un espazo dedicado ás verdadeiras protagonistas da Mostra, onde se pon en valor a súa arte e mestría no encaixe.
Multilingüismo e optimización SEO
Co obxectivo de facer a Mostra máis accesible a unha audiencia global, a web está completamente traducida ao castelán e inglés, ademais do galego como idioma principal. Ademais, todas as publicacións do blog estarán dispoñibles nos tres idiomas.
Optimizouse o SEO da web para mellorar o seu posicionamento nos buscadores, permitindo que máis persoas interesadas na moda, a artesanía e a tradición descubran este evento único.
Unha plataforma dixital á altura da Mostra do Encaixe
Con esta nova web, a Mostra do Encaixe de Camariñas reforza a súa identidade dixital cunha plataforma moderna, funcional e aliñada co seu público. A combinación dun deseño atractivo, unha navegación mellorada e unha estratexia de contidos optimizada permite ofrecer unha experiencia dixital de calidade, á altura deste evento de referencia internacional.
Esta transformación dixital é só o comezo dunha nova etapa na Mostra do Encaixe, na que tradición e innovación camiñan da man gracias á dixitalización. ¡Benvidos á nova era dixital do Encaixe de Camariñas!