A Mostra aposta polo talento da comarca e encarga ao modelo internacional Damián Álvarez a organización da pasarela

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas
O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas protagonizado por Damián Álvarez e Tamara Rey
O modelo, imaxe da trixésima edición do evento, ven de crear a empresa ‘Gubem Event’ para a organización de eventos. “O encaixe de Camariñas ten un potencial enorme e gustaríame darlle ese toque a maiores para achegalo á moda de Milan”, explica Damián.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña continúa coa súa aposta pola promoción do talento local e comarcal e, nesta liña, ven de adxudicar a organización da pasarela da trixésimo primeira edición ao modelo internacional Damián Álvarez.

Damián, imaxe da trixésima edición do evento, é unha das caras recoñecibles da modelaxe a nivel internacional e agora decidiu crear unha empresa, ‘Gubem Event’, dedicada á organización de eventos, produción de audiovisuais e publicidade, entre outras liñas de traballo.

Así, o modelo será o máximo responsable dos diferentes desfiles deste ano, tanto dos ‘Grandes Deseñadores’ como do ‘ArtEncaixe’ e os dos participantes do concurso de noveis deseñadores. “Coa miña participación o ano pasado vin que o encaixe de Camariñas ten un potencial enorme a nivel galego, nacional e incluso internacional, e gustaríame darlle ese toque a maiores para achegalo á moda á que estou acostumado eu en Milán”, explica.

“Vai ser a miña estrea como o máximo responsable dunha pasarela. É certo que xa botei unha man na organización doutras pero nunca deste xeito”, confesa Damián, que anuncia que “traerei modelos de Galicia e tamén a amigos que se dedican á modelaxe a nivel internacional”.

O modelo internacional di que “xa me sinto fillo adoptivo de Camariñas, por como me tratan cada vez que vou” e amósase “moi contento de que confíen en min e que me dean esta oportunidade. Supón un desafío a nivel persoal que estou encantado de facer e atópome súper motivado para dar o mellor de min, que todo salga ben e poder axudar á divulgación deste evento”.

Sobre se este novo proxecto suporá un cambio na súa carreira, Damián Álvarez aclara que “sigo traballando como modelo pero pensei que era necesario buscar un plan ‘B’. Aínda non teño 30 anos pero vou cumprilos agora e este é o momento adecuado, por iso creei a empresa”.

“Haberá algunha sorpresa para os desfiles. Teño algunhas ideas. Animo á xente a que se achegue en Semana Santa á Mostra para comprobalo”, remata.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad