Lola de Logaro transforma o "encaixe de subsistencia" en rebeldía e liberdade na pasarela do ArtEncaixe da Mostra de Camariñas

A artesá textil presentará a colección cápsula 'Ganapán 2026', unha proposta que fusiona a austeridade da costa galega coa estética 'noir' e a rebeldía das 'flappers' dos anos 20. O encaixe de Camariñas deixa de ser un mero ornamento para converterse no eixe estrutural de pezas de autor onde dialoga co ganchillo, a calceta e o tul metalizado.

Primeira confirmación do desfile de ArtEncaixe da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se prepara para acoller unha das propostas máis conceptuais e reivindicativas desta edición. A artesá textil Lola de Logaro regresa ao evento para presentar “Ganapán”, a súa nova colección cápsula para o 2026.

A proposta explora a estética noir para narrar un diálogo fascinante: a colisión entre a austeridade laboriosa da costa galega e a rebeldía hedonista da muller moderna dos anos 20. Unha colección que nace da necesidade de elevar e transformar o encaixe.

Para a creadora, o obxectivo desta colección é converter unha ferramenta histórica de supervivencia nun auténtico estandarte de autonomía. “Traballo o encaixe como enxeñaría e arquitectura, con liñas rectas, módulos repetidos e motivos clásicos dese ‘encaixe de subsistencia’ que marcou a vida na costa galega”, explica Lola de Logaro. “Sobre esa base levanto siluetas noir: corpos relaxados, ombreiros caídos, cinturas pouco marcadas, longos que se moven ao ritmo do paso, flocos e transparencias que lembran ás flappers, ao jazz, ao fume dos clubs e á rebeldía dos anos 20”.

A deseñadora xoga coa dualidade colocando encaixes extremadamente precisos en patróns que rompen a norma. “Para min, cada prenda é un pequeno manifesto: o palillo conserva o seu rigor técnico, pero desprázase do mantel e a bandexa ao corpo que se move e decide; a ferramenta de supervivencia convértese en estandarte de liberdade”.

“O maior reto técnico foi orquestrar todas as outras técnicas –ganchillo, calceta, flecados, acabados de costura– para que sumen textura e volume sen roubarlle nin un milímetro de protagonismo ao encaixe de Camariñas”, sinala a deseñadora.

Para logralo, confesa que tivo que traballar case como unha directora de escena: “O encaixe é a actriz principal e o resto das técnicas son escenografía e luz. Iso implica axustar calibres de fío, densidades de punto e pesos para que o tecido soporte a peza de encaixe sen deformala nin matar a súa caída natural”.

O resultado é un traballo de costura invisible, con reforzos internos e remates limpos que permiten que, cando a peza saia á pasarela, “o único que se perciba sexa o encaixe falando en voz alta”.

Lola de Logaro transforma o "encaixe de subsistencia" en rebeldía e liberdade na pasarela do ArtEncaixe da Mostra de Camariñas

Posts relacionados

O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
Camariñas convoca as bases do XXXII concurso de Noveis Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2025.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.