Josefina Campaña e Xan Fernández continúan coas presentacións literarias da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

O camariñana Josefina Campaña, que tamén participa no desfile de ArtEncaixe, presentou o seu primeiro libro ‘De niña artesana a mujer’. Xan Fernández presentou a guía ‘Camariñas, un mar de encaixe’.

Hoxe, venres 18 de abril, continuaron as presentacións de libros da XXXVI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Josefina Campaña e Xan Fernández foron os protagonistas da programación literaria do evento.

A camariñana Josefina Campaña, que tamén participa, desde hai anos, no desfile de ArtEncaixe, presentou o seu libro ‘De niña artesana a mujer’, no que repasa a súa experiencia vital, unha publicación moi emotiva e chea de momentos persoais da autora.

Logo subiu á tarima de presentacións Xan Fernández, que presentou a guía ‘Camariñas, un mar de encaixe’, unha publicación turística que fía todos os recursos patrimoniais do municipio. 

Os dous actos estiveron presentados polo recoñecido comunicador camariñán Marcial Mouzo.

Alfonso de Sas e Ana García o sábado

Pola súa banda, o sábado 19 de abril, ás 12:00 horas, será o turno para Alfonso de Sas e unha nova edición de ‘El Cementerio de los Ingleses’. De seguido, ás 12:20 horas, fará o propio Ana García, que presentará a súa publicación ‘Mar de Ardora, Mar de Galicia’, un compendio de fermosas imaxes sobre a maxia que pode crear a bioluminiscencia mariña.

Estas presentacións literarias son parte dun programa longo e variado que compón a XXXIII edición da Mostra do Encaixe e encherá de actividade Camariñas durante cinco días.

Posts relacionados

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Eslovaquia, Portugal, Bulgaria, Arxentina, Italia, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.