Gubem Event volverá encargarse da pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

A empresa galega, da que está á fronte o vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela por quinto ano consecutivo. “Apostamos, por unha coidada selección de modelos así como por uns constantes cambios de coreografías e da estrutura dos desfiles”, explica Damián.

A pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está a destacarse como unha referencia nacional a nivel organizativo e de proposta visual, presentando desfiles estruturados, dinámicos e entretidos para o público, tanto para o máis experto como para os que se achegan por primeira vez ao mundo da moda.  

A empresa galega Gubem Event será, un ano máis, a responsable da organización e coordinación da pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas, consolidando así o seu papel nun dos eventos máis relevantes do calendario da moda en Galicia.

Á fronte da empresa atópase o modelo internacional Damián Álvarez, quen lidera un proxecto que combina experiencia no sector da moda e capacidade organizativa, aportando unha visión profesional e actual á posta en escena dos desfiles.

Dende a chegada de Gubem Event á coordinación da pasarela, a Mostra experimentou un notable aumento de afluencia de público, reflexo dun formato máis dinámico, atractivo e adaptado ás novas tendencias do sector.

“Apostamos por unha coidada selección de modelos, incorporando perfís diversos e de gran interese, así como por uns constantes cambios de coreografías e da estrutura dos desfiles. O obxectivo é ofrecer unha pasarela viva, variada e sorprendente, onde cada pase se converta nun auténtico espectáculo”, explica Damián.

Para esta nova edición, Gubem Event adianta que haberá novidades que reforzarán a experiencia do público e seguirán posicionando a Mostra do Encaixe de Camariñas como un referente que combina tradición e moda contemporánea.

Posts relacionados

O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Claudina Mata e Ana Cabranes, na  XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

Claudina Mata e Ana Cabranes, na ...

A granadina Claudina Mata presentará “una colección cápsula nupcial en la que el encaje y las transparencias serán los grandes…
José Matteos dobra a súa presenza na Mostra presentando dúas firmas: ÔSE Couture e Matteos Novias 

José Matteos dobra a súa presenza...

A pasarela de Camariñas foi o lugar escollido polo deseñador para presentar a súa nova marca ÔSE Couture, na que…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.