A Festa da Palilleira cumpre unha década e celebrará a súa X edición o vindeiro 6 de decembro 

Será no pavillón municipal Víctor Vigo e haberá mercadiño de Nadal, chocolatada de balde pola tarde e sorteos. Estará organizada polo Concello de Camariñas, a Asociación Puntillas, a Asociación Rendas e a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

A Festa da Palilleira cumpre neste 2024 dez anos de vida, sendo a data escollida para esta celebración tan especial o 6 de decembro no pavillón municipal Víctor Vigo de Camariñas. 

Organizada polo Concello de Camariñas, a Asociación Puntillas, a Asociación Rendas e a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, contará con sorteos, mercadiño de Nadal e chocolate quente de balde á tardiña. Tamén haberá inchables para os máis pequenos e o comercio local terá o seu propio espazo de vendas.

Este evento adoita atraer talento do palillo non só de Galicia, tamén do resto da xeografía española. Na pasada edición máis de 450 palilleiras tanto de Galicia como de distintos lugares como Soria ou Asturias desfrutaron dun evento no que os protagonistas son o son dos palillos, os reencontros e os ánimos de continuar cunha tradición “de dez” na axenda cultural galega.
As persoas interesadas en acudir poden contactar coa organización na dirección de correo electrónico dolores.lema@camarinas.net, no teléfono 981 737 004 ou a través de mensaxe de WhatsApp no 653 265 529.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES