Exposición ArtEncaixe na aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe de Camariñas

Hai dous anos, desde a organización da Mostra decidiuse apostar pola combinación do encaixe e a artesanía, e debido ao éxito deste tándem, decídese adicarlle un espazo para que os visitantes poidan contemplar estas pezas, estando prevista a súa instalación, a lo menos, ata a vindeira edición deste evento palilleiro. Ana Miguens, Ana Freiría, Charo López, Egueira ONG – Mimi La Bish, Estilo Aramar, Janet Schulz, Arteviares, Mar Barral, Noelia Peña, Alfarería Lista, O Rulo, Tendataller Feituras, Obradoiro Gorín, Pilar en Lá, Silvereria e Suso Calo son as mans que realizaron as obras expostas.
Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe conta desde hoxe cunha nova exposición: ‘ArtEncaixe’. Hai dous anos, a organización da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña decidiu apostar pola combinación do encaixe e a artesanía para unha das súas pasarelas, e tal foi o éxito deste tándem que se decidiu adicar un espazo específico neste enclave museístico camariñán para que as persoas que o visiten poidan contemplar máis de preto as pezas. Estará instalada na sala ata, a lo menos, a vindeira edición do evento palilleiro.

Estas son creacións de Ana Miguens, Ana Freiría, Charo López, Egueira ONG – Mimi La Bish, Estilo Aramar, Janet Schulz, Arteviares, Mar Barral, Noelia Peña, Alfarería Lista, O Rulo, Tendataller Feituras, Obradoiro Gorín, Pilar en Lá, Silvereria e Suso Calo.

Pódese observar desde xoiaría en madeira, en prata ou noutros materiais, ata a máis exquisita olaría de Buño ao abrigo do Encaixe de Camariñas, pero tamén tocados, accesorios ou as tan peculiares creacións da ONG Egueire, con motivos chegados de Costa de Marfil.

A alcaldesa, Sandra Insua, quixo destacar o “inmenso traballo que artesáns e encaixeiras realizan para conxuntar pezas únicas, e que desde hoxe estarán a disposición de todo o público que se achegue ata o Museo do Encaixe”.

Pola súa banda, a concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, reafirmou a “aposta que tivemos desde a Mostra por aunar artesanía e encaixe. Ao principio podía parecer unha utopía, pero hoxe é unha realidade e un dos maiores éxitos de pasarela na última edición da Mostra”, sinalou.

Dolores Lema, directora da Mostra, avanzou que “nesta exposición hai pezas únicas e todas de altísima calidade, xa que están feitas unha por unha e todas a man. Non hai outras iguais no mundo e temos a sorte de expoñelas o público na Aula do Palillo Raquel Moreira. Para nós é unha auténtica honra”, afirmou.

Noticias relacionadas

Suscríbete a nosa newsletter

Entérate de todo o mundo da mostra

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad