O encaixe chegará a Oviedo cunha pasarela de moda para promocionar a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

O acto terá lugar o próximo sábado, 26 de marzo, ás 20 horas na Sala de Cristal do Palacio de Congresos de Calatrava. No desfile participarán Dolores Cortés e Ana Cabranes como grandes firmas e tamén 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores. “Queremos continuar promocionando a Mostra fora das nosas fronteiras, escollemos Oviedo pola cercanía e porque son un público potencial que pode vir en Semana Santa”, explica Encarna Liñeiro.

O Concello de Camariñas continúa a levar a cabo accións de promoción da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Despois de presentar na Feira Internacional de Turismo (Fitur) a trixésimo primeira edición deste evento, agora organizou unha pasarela de moda na cidade asturiana de Oviedo.

O acto terá lugar o próximo sábado, 26 de marzo, ás 20 horas na fermosa Sala de Cristal do Palacio de Congresos de Calatrava. A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, explica que “con esta iniciativa, que nace grazas á colaboración coa Asociación de Galicia en Asturias, da man do seu presidente Manuel Fernández Quevedo, queremos continuar promocionando a Mostra e o turismo en Camariñas fóra das nosas fronteiras” e explica que “escollemos Oviedo porque queremos afianzarnos como capital da moda durante a Semana Santa e Asturias é un público potencial que pode achegarse neses días”.

Spot da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

O desfile estará composto por dúas grandes firmas como a reputada deseñadora valenciana Dolores Cortés e a asturiana Ana Cabranes, habituais da Mostra do Encaixe. Ademais, completarán a pasarela 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores: Rocío Molina e Alba Cobos coa súa colección ‘Enxebre (2)’, Rebeca Mercado con ‘Déjame Encajar’, Candela Rodríguez e Alba Otero con ‘Carrera de Indias’, Josu Santos con ‘Tira y Afloja’, Joaquín Ruíz con ‘Suspiros flamencos’, Jaione Ventura con ‘Zeistmaschine’, Uxía Rodríguez con ‘Estímulos’, Eli Conde con ‘Victoria’, Judith Martín con ‘Matista’, Iria Cameán con ‘Un paseo sereno’, Sara Alonso con ‘Enxebre (1)’ e Beatriz Anido con ‘Sea Lung’. Os e as modelos correrán a cargo da Agencia de Modelos Rassim’s.

Ao remate do acto haberá unha actuación da recoñecida soprano asturiana Tina Gutiérrez, que cantará en galego. A ovetense ten unha ampla traxectoria sobre os escenarios, realizando innumerables concertos no Principado de Asturias, Madrid, Galicia, Sevilla, León e Valladolid.

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.