Edith del Valle únese á aplicación do Encaixe nos seus modelos de mascarilla

Os seus modelos levarán o nome de mulleres do panorama camariñán.

O encaixe é unha tradición que non deixa de adaptarse aos novos tempos e ás necesidades que xorden. Boa proba disto son as pezas de Edith del Valle, deseñadora galega que se une á aplicación desta tradición centenaria nas súa liña de mascarillas.

Del Valle, afincada en Compostela, decidiuse polo Encaixe de Camariñas ‘polo meu vencello coa Mostra, na que xa levo participando en varias edicións, e ademais polos seus valores artesáns e tradicionais, que aportan elegancia pero tamén son significante e significado do que é a sociedade de Camariñas’, apunta a deseñadora.

A directora da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, Dolores Lema, xa explicara que “decidimos dar este paso porque moitos deseñadores de moda xa están solicitando pezas de encaixe adaptadas para poder usalas nas máscaras que están a crear”.

Edith del Valle únese á aplicación do Encaixe nos seus modelos de mascarilla

Así, o primeiro modelo da liña de Edith del Valle levará o nome de Carmen, facendo honra á figura de Carmen Grela Rojo, compositora, ‘porque é importante dar visibilidade ao papel da muller en todos os eidos da sociedade, e tamén en Camariñas, xa que no Encaixe ten o seu principal expoñente’, engadiu.

Cabe destacar que todos os modelos estarán confeccionados con tela homologada para cumprir os parámetros sanitarios correspondentes, e as de cerimonia levarán un filtro TNT a maiores. ‘Non é incompatible a moda coa seguridade; o contexto convida a pensar que levar máscara vai para rato, e por que non adecuala ao noso modo de vestir’, finalizou Edith del Valle, quen adianta que estarán proximamente dispoñibles no seu enderezo web.

Edith del Valle presentando a súa colección na Mostra do Encaixe 2019

Posts relacionados

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
Arrinca o XXXI Concurso de Noveis Deseñadores con 38 promesas da moda e estréase a ‘Firma Emerxente’

Arrinca o XXXI Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 26…
O encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O encaixe de Camariñas brilla con...

Son 10 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Franco…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.