DEVOTA&LOMBA e Dolores Cortés continúan o seu idilio coa Mostra do Encaixe de Camariñas 

DEVOTA&LOMBA e Dolores Cortés son as últimas confirmacións do desfile de Grandes Deseñadores da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. As firmas, de recoñecido prestixio nacional e internacional, continúan así o idilio cun evento no que xa son habituais.

Segundo explica Modesto Lomba, “participar en la Mostra no solamente es un placer, sino que también siento que es una obligación porque nuestro trabajo no sería posible si no somos capaces de cuidar el trabajo de las y los artesanos”. “Además, es parte del discurso y del convencimiento, no solamento de DEVOTA&LOMBA sino también de la asociación de creadores de moda de España”, indica.

Este ano traerá a Camariñas a colección ‘Hall’, que “está pensada para las pausas, la música es el arte de combinar los sonidos y está compuesta por notas y silencios” e na que se centrou “en la forma, los cortes y las texturas, a veces el ruído de los estampados y los colores no deja ver los detalles que hacen una prenda única”. 

Por outro lado, volve un ano máis á Mostra a deseñadora valenciana Dolores Cortés. A súa marca, referente no mundo da moda de traxes de baño,  aúna tradición, modernidade, deseño e bo facer, sempre na busca da excelencia no produto, que é case tan artesanal como o Encaixe de Camariñas.

DEVOTA&LOMBA e Dolores Cortés continúan o seu idilio coa Mostra do Encaixe de Camariñas 

Posts relacionados

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.