Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do XXX concurso de Noveis Deseñadores. O primeiro premio, entregado pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recaeu nas mans de Cristina Gamallo, que conquistou ao xurado profesional coa súa colección Camino.

O responsable da planta de Vilán de Stolt Sea Farm, José Figueroa, entregoullle o premio a Driade, de Laura Araujo, que quedou en segundo lugar; mentres que a colección Farrapos de Uxía Loureiro, que recibiu o premio da responsable de relacións institucionais de Frigoríficos de Camariñas, Verónica Canosa; acadou o terceiro posto. O premio á “Colección máis comercial”, entregado pola presidenta da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, Olga Campos, foi para Miriam de Rio, con Elas. 

Nesta edición repartíronse un total de 4.500 euros en premios divididos do seguinte xeito: un primeiro premio de 2.100 euros, un segundo de 1.200 euros, un terceiro de 600 euros, e o premio á “Colección máis comercial” tamén de 600 euros. 

Optaron a estes galardóns un total de 35 mozas e mozos que están dando os seus primeiros pasos no mundo da moda. A procedencia dos noveis deseñadores foi moi diversa, formados nas mellores escolas a nivel estatal.

O xurado estivo composto polas seguintes deseñadoras e deseñadores: Modesto Lombra, Charo Carrillo, Ana Cabranes, Esteban Freiría, Felipe Santamaría, Miriam Cartagena e Francisco Basteiro. 

Na clausura, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, afirmou que “A Mostra conserva a esencia do que foi sempre. É artesanía é tradición, identidade e amor polo propio. Pero agora é moito máis. É un evento único, en Galicia e en todo o país, unha pasarela de referencia a nivel nacional, que leva o nome de Camariñas polo mundo!.

No seu discurso fixo un repaso polos diferentes slogans do evento desde que ela asumiu a concellería. “Quixen que os propios lemas de cada edición amosasen esta nova realidade, comecei con ’30 anos na vangarda da moda, facendo fincapé na traxectoria; ao ano seguinte quixemos saber se encaixabades no paraíso; na anterior edición deixamos claro que ‘Camariñas está de moda’ porque somos a capital nacional da moda en Semana Santa; e aínda con todo isto ‘Camariñas Sorprende’, Camariñas e a Mosstra sempre teñen algo novo e diferente que ofrecer”.

Posts relacionados

Máis talento para os desfiles de ArtEncaixe: Suso Calo – Lobo Tolo, Ondas do Mar e Mariví Santos Atelier 

Máis talento para os desfiles de...

O primeiro traerá á Pasarela Deputación da Coruña “unhas pezas inspiradas en deusas; será unha colección moi diferente a todas…
A olería de Buño retorna á Mostra do Encaixe con Feituras, O Rulo, Alfarería La Cacharrera e Risco Estudio

A olería de Buño retorna á...

Será na pasarela Deputación da Coruña, nos desfiles de ArtEncaixe, onde poidamos ver as creacións que combinan o Encaixe coas…
Lola Logaro, Ana Miguéns e Viviana Araujo sorprenderán no ‘ArtEncaixe’

Lola Logaro, Ana Miguéns e Viviana...

Lola Logaro presentará a súa colección ‘Prímula’, inspirada na primavera. Ana Miguéns chegará cunha colección de catro colares denominada ‘14’…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.