Cris García e Luz Prado tamén formarán parte da novidosa pasarela ‘ReEncaixame’

Cris García, que participou no ano 2017 no concurso de Noveis Deseñadores, reinterpretará a súa colección ‘Sereas’. Luz Prado formou parte do Concurso de Noveis Deseñadores do ano 2018, e transformará a colección ‘Ascalapta’. A finalidade deste desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.

Unha das novidades desta nova edción da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, a pasarela ‘ReEncáixame’, confirma dúas novas incorporacións para este desfile. 

Elas son Cris García e Luz Prado, que reinterpretarán as coleccións coas que participaron no concurso de Noveis Deseñadores, condición sine qua non para sumarse a este novo punto da ampla programación.

Cris García participou no ano 2017 na Mostra coa súa colección ‘Sereas’. Agora, este 2024 reedita os seus deseños baixo o paraugas de ‘Sereas II’. “Partín un pouco da idea de reciclar as miñas creacións. Volven as fitas, por exemplo, e a idea é adaptarse contextualmente ao que se leva agora”. 

Cris García e Luz Prado tamén formarán parte da novidosa pasarela ‘ReEncaixame’

A moza deseñadora, que cando estivo en Camariñas cumpría a maioría de idade, amosa a súa “ilusión por volver, xa que me atopo nun momento no que eu tamén me estou ‘reencaixando’ profesionalmente e gardo marabillosas lembranzas do meu paso pola Mostra. Estou desexando volver”, engade.

Pola súa banda, Luz Prado, que participou no 2018 na pasarela de Noveis Deseñadores, transformará a colección ‘Ascalapta’, que é unha colección realizada en polipel, un material sostible “que axuda a reducir o impacto medioambiental e frea o sacrificio de animais”, segundo indica a propia deseñadora.

Esta nova colección, que sairá co nome de ‘Despertar’, será a fusión da colección que presentou en Camariñas e unha reedición anterior, ‘Ardora’, confeccionada en algodón biodegradable e seda. 

“Sempre confecciono o encaixe a man, xa que é un produto feito artesanalmente, con moito mimo e esmero, polo que tamén se nota á hora de volvelo a empregar”, anuncia Luz.

‘ReEncaixame’

A finalidade do desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas. 

Deben amosar como reinterpretan e transforman as prendas nunha nova colección cun enfoque de reutilización de materiais e redución de desperdicio.

Participan persoas que, sendo ou non profesionais da moda, participasen no Concurso de Jóvenes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña nalgunha das súas 29 edicións.

Cris García e Luz Prado tamén formarán parte da novidosa pasarela ‘ReEncaixame’

Posts relacionados

Camariñas convoca as bases do XXXIII concurso de Noveis Deseñadores da XXXVI Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXIII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2026.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.