Arrinca o XXX Concurso de Noveis Deseñadores con trinta e cinco promesas da moda

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXIII Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame. En total son 30 as coleccións finalistas, con rapaces e rapazas que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e de España.

Hoxe, xoves 28 de marzo, saíron por primeira vez á pasarela desta XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña as 35 persoas finalistas que participan no XXX Concurso de Noveis Deseñadores.

Na pasarela desfilan un total de 30 coleccións dos deseñadores: Ada Martínez Martín (Valencia), Adriana Pérez Sanjurjo (Cambre, A Coruña), Ainhoa Salinero Miño (Alcorcón, Madrid), Alejandra Góas López (O Valadouro, Lugo), Alejandra Olivares Niger (Puerto Lumbreras, Murcia), Alejandra Pino Bravo (Loeches, Madrid), Alexia Álvarez García (Laviana, Asturias), Asier Ferrer Samonete (Gallipienzo Nuevo, Navarra), Cesar Tiscar Fernández (Genovés, Valencia), Clara Caneda Cielo (O Grove, Pontevedra), Cristina Gamallo Permuy de (Ares, A Coruña),  Eden Houghton Foresta (Calpe, Alicante), Elena Outomuro López (Ourense), Erika Dayana Chacón Luna (A Coruña),  Fabiola Santos Baña (Muxía), Hugo Fontenla Villar (A Coruña), Irene Oliveira Suarez (Oviedo, Asturias), Joaquín Ruíz Torres (Culleredo, A Coruña), Johanes Eduardo Senior Paz (Vigo), Josu Santos Blanco (Sobrado do Bispo, Ourense), Laura Araujo Martínez (As Neves, Pontevedra),  Laura Villar Loureiro (Guitiriz, Lugo),  Lucía Janeiro González (Forcarei, Pontevedra), Malena Monteserin Feliz (Tineo, Asturias), María Moreno González (Mancha Real, Jaén), Marina Pastor Olivares (Granada), Miriam de Río Bouzas (Miño, A Coruña), Noelia Picadizo Villar (Rois, A Coruña), Paula Fernández Molina (Valdepeñas ,Ciudad Real), Rafaela Hernández Pérez (Huelva), Sheila Lojo Oliveira (Cambre, A Coruña), Sophía Hecht Suarez (Salinas, Asturias), Tania Conde Farroco (Lalín, Pontevedra), Uxía Loureiro Caamaño (Ponteareas, Pontevedra), Verónica Marí Granda (Lugo).

A maior parte pertencen aos seguintes colexios: AESD Valencia, AESD Valdelomar Granada, EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, EMAO de Vigo, Escuela Goymar A Coruña, IES Santa Engracia Madrid , Escuela Javier Barroeta de Bilbao, IES Silvera Font de Valencia, Estación Diseño Granada e ESNE Asturias. 

Premios

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do encaixe de Camariñas na moda, concedéndose mediante a valoración do xurado oficial tres premios ás mellores coleccións. Nesta edición repite de novo a categoría da colección máis comercial.

O primeiro premio constará de 2.1000 euros, o segundo de 1.200 euros, e tanto o terceiro como o premio á colección máis comercial terán unha dotación económica de 600 euros cada un.

O domingo, 31 de marzo, darase a coñecer o fallo do xurado.

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
gl_ESGL_ES