A XXX Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado

As persoas que amosen vontade de participar no triséximo aniversario como parte da organización, poden chamar ou enviar mensaxe de Whatsapp aos teléfonos 653 27 63 88 ou 653 26 55 29.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas abre desde hoxe as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado do evento do palillo. As persoas que amosen vontade de participar no triséximo aniversario como parte da organización, poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp aos teléfonos 653 27 63 88 ou 653 26 55 29.

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este ano se celebrará do 8 ao 12 de outubro de 2021, coincidindo coa festividade do Pilar e debido ao aprazamento polas condicións sanitarias da XXX Edición.

A directora da Mostra, Dolores Lema, sinalou que “é unha edición moi importante para nós; ademais de tratarse do trinta aniversario tamén é a Mostra despois desta terrible situación, e agardamos que sexa o máis bonita posible”, recalcando que “sería imposible a celebración desta cita sin as persoas voluntarias: son parte imprescindible para nós”.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad