A Mostra do Encaixe fabricará 15.000 mascarillas contra o Corona Virus

Fabricaranse 14.000 con ‘tejido no tejido’ (TNT) que adquiriu o Concello. As outras 1.000 serán fabricadas con algodón 100%, doado pola empresa Yutes (Barcelona). Repartiranse entre as persoas máis vulnerables, traballadores, e tamén ao conxunto da poboación. Non son homologadas, polo que non poden ser empregadas no ámbito sanitario.

O Concello de Camariñas acaba de iniciar o proceso de confección dun total de 15.000 mascarillas que posteriormente repartirá ás persoas en situación de risco e ao conxunto da poboación para loitar contra a expansión do COVID-19.

O goberno local mobilizou ao departamento da Mostra do Encaixe para que, a través dos seus contactos, se puidese conseguir o material e crear unha rede de voluntarios para confeccionar mascarillas de protección para a cidadanía e minimizar así os contaxios por coronavirus.

Esta rede de voluntarios, que traballará desde os seus fogares, está formada por 40 persoas, que se dividirán entre corte e costura para crear as mascarillas, que se farán todas con tela doble para maior protección. Fabricaranse 14.000 con material ‘tejido no tejido’ (TNT) que adquiriu o Concello e outras 1.000 con algodón 100% doado pola empresa Yutes, de Barcelona. O material está sendo distribuído polos axentes da Policía Local e Protección Civil nas casas dos voluntarios.

Estes operarios serán tamén os encargados de recoller todas as mascarillas cando estean listas e tamén se encargarán do reparto. Este material estará dirixido ao conxunto da poboación, en especial aos colectivos máis vulnerables e aos traballadores.

O reparto farase a través das empresas que teñen que estar abertas ao público: supermercados, farmacias, panadarías, tendas de alimentación, agro… Ademais de facilitarlles mascarillas para os seus traballadores deixaráselles un stock para que as persoas que vaian mercar as poidan coller.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recordou que “aínda que estas mascarillas non son válidas para o persoal sanitario ao non estar homologadas, son unha ferramenta útil para o día a día dos veciños e veciñas de Camariñas nuns tempos nos que é moi difícil atopar este produto”.

Posts relacionados

Edith del Valle “dará rienda suelta a la creatividad para ser yo misma” na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Edith del Valle “dará rienda suelta...

A deseñadora compostelá, agora afincada en Madrid, traerá unha colección na que “el eje principal es la dualidad de mezclar…
Álvaro Castillo, gañador do Concurso de Nóveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe

Álvaro Castillo, gañador do Concurso de...

Álvaro Castillo convértese no gañador do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Remind. Mëu Kiez, de Pablo González Moreno…
As receitas de Camariñas e La Turballe cocíñanse na pasarela da XXXI Mostra do Encaixe

As receitas de Camariñas e La...

Hoxe presentouse o recietario ‘La Turballe e Camariñas comparten mesa’, froito dun traballo conxunto entre ambas localidades e a Asociación…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.