A deseñadora de moda Inés fernández estará presente na XXX Mostra do Encaixe

A deseñadora máis nova das grandes firmas Inés Fernández repetirá participación na Mostra do Encaixe. Ademais, un total de 24 noveis deseñadores e deseñadoras formarán parte do triséximo aniversario deste evento.

Inés Fernández, novamente a “benxamina” das grandes firmas na Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, repetirá participación coa súa colección de noiva.

Presentará catro traxes con siluetas diferentes para noiva, material que ela xa traballou con anterioridade. As súas composicións terán un toque azulado para o que será a súa segunda participación en Camariñas. “Para min é un auténtico privilexio poder estar por segundo ano consecutivo aquí, nun aniversario ademais, que sempre é moi especial”, comenta Inés.

Ademais, un total de 24 noveis deseñadores e deseñadores formarán parte do triséximo aniversario deste evento, no que se concursarán para facerse coa mellor colección neste ámbito.

Ester Álvaro, Nuria Aragón, Isabel María Conde, Lucía Forjanes, Anna García, Iria López, Rocío Molina, Alba Cobos, Joaquín Ruiz, Josu Santos, José Daniel Teriffe, Jaione Ventura, Sara Alonso, Flavia Cristina Alves, Beatriz Anido, Judith Martín, David Miguel Mato, rebeca Mercado, Violeta Paramio, Uxía Rodríguez, Candela Rodríguez, Alba Fernández, Naiara Veiras e Noelia Vila son os nomes que conformarán o elenco do XXVII Concurso de Noveis Deseñadores co clásico formato.

En dous grupos, A e B, presentaranse as coleccións de xeito anónimo e será o xurado composto por grandes nomes da moda quen deliberará para saber a que se alzará co premio, que precederá a Yolanda Román.

Posts relacionados

Nova web da Mostra do Encaixe: modernidade, accesibilidade e unha experiencia mellorada

Nova web da Mostra do Encaixe:...

A Mostra do Encaixe de Camariñas dá un paso adiante na súa estratexia dixital co lanzamento da súa nova páxina…
A recoñecida firma Aveda será a encargada do servizo de peiteado na pasarela da Mostra do Encaixe

A recoñecida firma Aveda será a...

A marca, que participa en desfiles por todo o mundo, desprazará un equipo de entre 8 e 10 persoas a…
A recoñecida soprano Soledad Vidal actuará na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

A recoñecida soprano Soledad Vidal actuará...

A artista, natural de Camelle, e o pianista Aurelio Viribay poñerán a banda sonora ao evento co seu espectáculo ‘Cantares…
gl_ESGL_ES