Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que o público acudise a Camariñas. En total foron 21.478 persoas as que asistiron á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña durante os 5 días. A asistencia de cada unha das xornadas tamén estivo por enriba da media dos últimos once anos.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas significou o regreso ás datas e o formato habituais e iso notouse nos datos de asistencia ao evento. Destaca sobre todos os días a xornada de onte, onde 4.500 persoas entraron ao recinto, sendo este o mellor dato dun sábado dos últimos 11 anos.

A quenda de tarde do sábado, que incluía na programación os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores xunto coa actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que o público acudise a Camariñas.

Resumo da XXXI Mostra do Encaixe

En total, foron 21.478 persoas as que cruzaron a entrada da Mostra do Encaixe nestes 5 días, atraídos pola recuperación da normalidade nun evento no que brillaron con luz propia as delegacións internacionais e os desfiles de Grandes, Noveis Deseñadores, Artencaixe e tamén o novo espazo de VodaEncaixe.

A Mostra é un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento.

Outro dos datos a destacar desta trixésimo primeira edición foi que todas as xornadas estiven por riba da media de asistencia dos últimos 11 anos. A xornada de maior afluencia deste ano foi o venres, cando a organización contabilizou 7.808 persoas. Hoxe, domingo 17 de abril, foron 3.564. O xoves 4.591 e o mércores, día no que a inauguración oficial copa o protagonismo, 1.004 persoas.

Os modelos máis importantes da historia da Mostra

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad