A tradición e a innovación únense na XXX Mostra da man do novo desfile de ‘ArtEncaixe’

Na xornada de hoxe, sábado 9 de outubro, tamén se levaron a cabo os primeiros pases do concurso de Noveis Deseñadores. Ademais, repetiron os ‘Grandes Deseñadores’ e o ‘PequEncaixe’ e a París de Noia presentou no recinto da Mostra a súa ‘Xira no Camiño’
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña continúa. Trala inauguración, o protagonismo da segunda xornada foi para o novo desfile de ‘ArtEncaixe’, no que a tradición e a innovación únense para crear fermosas pezas con encaixe.

Son 11 os e as participantes que aplican o encaixe nas súas pezas de artesanía: Amorote Workshop, Ana Miguens, Charo López Atelier, Egueire ONG, Estilo Aramar, Janet Schulz, La Parabólica de Julia de la Cal, Noelia Peña, Pilar Rodríguez de ‘En Lá’, Silvereia e Xelis LUaces.

“É unha aposta máis que facemos desde a Mostra para continuar coa nosa filosofía de que o encaixe ten múltiples aplicacións e é un elemento que da un toque diferencial a calquera peza”, explicou a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro.

Nesta data de sábado, 9 de outubro, tamén se levaron a cabo os primeiros pases do XXVII concurso de Noveis Deseñadores, no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participan 24 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda.

Máis tarde, repetiron os desfiles do ‘PequEncaixe’ e os ‘Grandes Deseñadores’, que nesta ocasión son: Amaya Fernández, Ana Cabranes, Bikkos, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, José Mateos, Lalacó Atelier, Sara Lage, e María Campaña, firma local.

Para rematar a xornada, a pasarela da Mostra do Encaixe acolleu a presentación da ‘Xira no Camiño’ da orquestra París de Noia, que encheu de música o Porto de Camariñas cun concerto especial para XXX Mostra do Encaixe.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad