Importante acordo Deputación-Concello para financiar a Mostra do Encaixe 2020

A Deputación apoia ao Concello de Camariñas para sufragar os case 100.000 euros de gastos da Mostra do Encaixe 2020. A través dun convenio o ente provincial achegará 45.000 euros para o financiamento do evento, que debido á pandemia celebrouse este ano de forma virtual.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, asinaron hoxe o convenio polo que o ente provincial achegará 45.000 euros, o 45% do total, para financiar os gastos que xa estaban executados antes da súa cancelación no mes de marzo, por prudencia e responsabilidade, debido á declaración do Estado de Alarma.

Ademais, neste acordo tamén se inclúe o financiamento da primeira Mostra Virtual da historia, un acontecemento organizado polo Concello de Camariñas durante a Semana Santa para que non se perdese o espírito da Mostra, adaptándose ao confinamento obrigado derivado da pandemia da COVID-19.

A Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas financiarán de xeito conxunto os case 100.000 euros de gastos que xerou a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña 2020.

Un evento que tivo un gran éxito ao colleitar unha audiencia de 237.962 usuarios, que visualizaron desde os seus fogares os 175 vídeos que se sucederon desde o mércores ata o domingo no Facebook da Mostra (@mencaixedecamarinas) e na canle de Youtube do evento. Todos os protagonistas habituais da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña tiveron o seu oco nesta edición virtual.

“Quixemos apoiar ao Concello de Camariñas mantendo a mesma porcentaxe sobre o total de gastos que se viña aportando cando a Mostra se podía levar a cabo con normalidade”, explicou González Formoso que tamén lembrou que “no mes de febreiro redobramos a nosa aposta por este evento, que pasou a incorporar á Deputación na súa nomenclatura oficial, e a nosa idea segue sendo a mesma xa que o encaixe de Camariñas é patrimonio provincial”.

Pola súa parte, Sandra Insua agradeceu “á Deputación e ao seu presidente o esforzo que está a facer neste ano tan difícil porque sen este apoio económico sería moi difícil para nós facer fronte aos gastos que xa tíñamos da Mostra: a súa promoción, a montaxe ou a consignación dos premios do concurso de deseñadores mozos”.

Posts relacionados

Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
Os Bolechas aprenderon a palillar na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Os Bolechas aprenderon a palillar na...

Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá tomaron boa nota dos nenos e nenas da Escola municipal de Palillo. Desfilaron…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.