Dous camariñáns autores da música do spot da XXX Mostra do Encaixe

Carlos e Fran Barcia son os compositores da música do spot da XXX Mostra do Encaixe
Carlos e Fran Barcia son os compositores da música do spot da XXX Mostra do Encaixe
Moitos son os profesionais da Costa da Morte que participan neste spot da XXX Mostra do Encaixe. E na música non podían faltar a infinita creatividade musical propia da Vilas das Palilleiras coa participación dos compositores camariñáns Fran e Carlos Barcia.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

Como dicíamos anteriormente, e como xa saberedes perfectamente, todos os detalles do cartel e do spot da XXX Mostra do Encaixe están ideados, protagonizados e confeccionados íntegramente por profesionais da Costa da Morte. E a impactante música deste spot non podía ser menos. Os encargados de compoñer a banda sonora orixinal desta producción camariñana foron os exitosos compositores e estudiosos da música camariñáns Carlos e Fran Barcia. Os irmáns Barcia empleáronse a fondo no seu estudio de grabación propio para impregnar o caracter visual predefinido do spot no aspecto sonoro do mesmo. Dende o primeiro momento tiveron claro que a banda sonora deste gran traballo debía ser unha música dinámica, que reflectise a personalidade e carácter dos protagonistas da campaña.

Música da 1ª parte do spot

É importante dicir que os tres momentos polos que descorre a liña argumental do spot da XXX Mostra do Encaixe precisaron dun tratamento moi distinto e individualizado. Deste xeito o ritmo eléctrico da cidade inspirou unha música divertida e avivada que se pode apreciar na primeira parte do vídeo onde os nosos protagonstas se dispoñen a buscar o traxe perfecto para que Damián luza nesa importante alfombra vermella.

Como a base argumental estaba moi marcada a nivel visual era importante encanar cortes e cambios de guión marcándoos precisamente mediante a banda sonora. Iso complicou moito a creación dos temas musicais, xa que tiñan que estar casi perfectamente sincronizados co ritmo do video.

Música da 2ª parte do spot

Nun segundo momento, cando os protagonistas se trasladan a Camariñas de viaxe de turismo, as paisaxes polas que discorre a acción, evocan unha música máis calmada e suxerente que podería definirse como unha pausa intermedia entre as dúas partes do video máis marcadas rítmicamente.

Aquí era moito máis importante que o espectador entende con claridade que os protagonistas chegan a Camariñas como dous turistas calquera, para desfrutar das súas impactantes paisaxes, da súa deliciosa gastronomía e, como non, da súa arte máis identificativa: o Encaixe de Camariñas. Unha música ambiental que pudera transmitir calma e benestar era a clave deste corte.

Música da 3ª parte do spot

Finalmente, para a conclusión do spot, creose unha música máis atrevida e contundente. Cuns riffs de guitarra potentes para acompañar con esa imaxe de home moi varonil que destilaba Damián neses clips.

Unha música 100% camariñana para un spot protagonizado e realizado íntegramente por profesionais da Costa da Morte. Así se está facendo comarca por parte da organización da Mostra do Encaixe de Camariñas.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad