Ondas do Mar e Andión Clothing, dous nomes coñecidos do público, nos desfiles das Grandes Firmas

Ondas do Mar, álter ego de Josefina Campaña, dá o salto desde a pasarela do ArtEncaixe á de Grandes Firmas desta trixésimo quinta edición. Carmen Mogo e súa nai forman Andión Clothing, nun pequeno taller de Galicia facendo o que lles apaixoa.

Ondas do Mar e Andión Clothing, dous nomes coñecidos do público, estarán nos desfiles das Grandes Firmas da trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. 

Josefina Campaña, de Camariñas, dá o salto este ano á pasarela de Grandes Firmas desde a de ArtEncaixe, na que participou nas dúas derradeiras edicións. 

“Como boa camariñana, eu síntome moi orgullosa de ensinar a nosa tradición, o que nos levan inculcando as nosas nais. Estes anos fun construíndo a miña marca e neste trixésimo quinto aniversario quero ensinarlle ao Mundo que Ondas do Mar é unha firma única feita de deseños de Encaixe de Camariñas, mesturados coa propia prenda”, afirma Josefina Campaña. 

“Desde pequena sempre nos inculcaron que o Encaixe era para mantelaría, para toallas, para xogos de cama… E a medida que fun medrando dinme conta que eu podía mesturar este produto coas pintura, que é outra das miñas paixóns. Cada segundo da miña vida teño unha idea na cabeza, cada vez que vexo algo lévoo ao meu terreo, ao meu Encaixe de Camariñas. Ao longo dos anos cambiei a miña forma de pensar, e a día de hoxe vou desfilar cuns deseños na categoría de Grandes Firmas”.

Campaña presentará “a mestura do deseño do Encaixe e o fío, a mestura de ideas que sae cada segundo na miña cabeza e vou amosar que o meu Encaixe, que sae das miñas mans, é único. Non porque sexa mellor que o de ninguén, senón porque só se fai unha peza de cada un. Quero ensinar o mundo que Ondas do Mar merece a pena, e merece moito”, afirma.

A camariñana agradece “á miña parella e ás miñas fillas, que me apoian en todo o que fago, e presumo diso. Somos un equipo e sen eles non podería ter feito isto.”

Ondas do Mar e Andión Clothing, dous nomes coñecidos do público, nos desfiles das Grandes Firmas

Carmen Mogo e súa nai forman Andión Clothing, que fan o que lles apaixoa nun pequeno taller de Galicia rodeado de carballos, eucaliptos e millo; “sempre a man e co resto de mulleres que dan forma á pequena gran familia que é Andión Clothing”, son outro dos nomes coñecidos pola familia do evento palilleiro. 

“Desde pequena ía con miña nai a Camariñas, á Mostra, da que ela sempre formaba parte ou estaba implicada dalgún xeito. Así que non só participo por terceiro ano; a Mostra leva sendo parte da miña vida dunha maneira ou doutra. Este ano quixemos darlle aínda máis protagonismo ao Encaixe e demos un pasiño máis, xa que imos pola banda da noiva contemporánea pero sempre con base de tradición nos tecidos. Vir á Mostra e ver cos teus propios ollos o traballo que hai detrás, ese proceso tan bonito, tan laborioso e tan único contribúe a valorar o que facemos e tamén axuda a cambiar a perspectiva á hora de investir en algo que tamén merece a pena, pois ten unha historia detrás e, sobre todo, futuro por diante”, asegura Carmen.

Posts relacionados

‘Un mar de piques’ que encherá a Semana Santa na XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña

‘Un mar de piques’ que encherá...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, o presidente da…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.